DAN RÍO RODRÍGUEZ
DAN RÍO RODRÍGUEZ

CURRÍCULO

Graduado en CC da Actividade Física e do Deporte (UDC)

Mestrado en Formación do Profesorado (UDC)

Instrutor de Wushu (FG de Judo e DA)

Investigador no Grupo de Aprendizaxe e Control do Movemento Humano

Fundador e Director de RRHH de ATP Entrenamiento Personal

Director de Escuelas Deportivas AMC (Wushu)

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Era imposible non coñecelo. Tódolos meus amigos no INEF falaban das actividades que facía Eduardo Blanco cada ano e así foi que cando comecei a miña andaina pola materia de Estrutura e Organización Deportiva impartida polo devandito profesor, comezou a miña colaboración.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

En terceiro de carreira decidín montar un club deportivo do meu deporte a fin de dalo a coñecer. Así pois, fun a AGAXEDE a pedir consello, e pronto decateime que estaba no lugar adecuado para resolver as miñas futuras dúbidas.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Combino varios perfís, por unha banda son adestrador e pola outra investigador. Estas tarefas son alternadas coa xestión diaria das miñas empresas e club.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Primeiramente a organización do tempo. Temos moitísimos espazos diarios que se non os usas van xerando perdas de tempo moi valiosas.

En segundo termo, coma no adestramento, a planificación, que responde a uns obxectivos claros que queren ser logrados mediante diversas accións secuenciadas no tempo.

Por último, a xestión creativa, a capacidade que ten unha entidade de dar unha resposta rápida os problemas que se plantexan.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

O que non se nomea remata por non existir. Que unha asociación faga de nexo dos xestores deportivos fai que os profesionais atopen solucións aos problemas e optimicen os seus esforzos.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Asistencia ante as dúbidas dos comezos. Contacto cos profesionais referentes do ámbito. Un foro de debate e solucións de problemáticas comúns e sen dúbida foi un “fiestra ao futuro” onde sempre podes observar as tendencias e noticias que modificarán o noso ámbito.

 

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Que siga facendo esta labor abnegada agrupando e respondendo as necesidades dos xestores e loite por unha implantación social maior como base de crecemento.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Sempre que podo.  Moito do contacto facémolo por redes sociais xa que o tempo aprema.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Naturalmente, así o fixen e seguirei facéndoo.