ANA MARÍA FERNÁNDEZ FONT
ANA MARÍA FERNÁNDEZ FONT

CURRÍCULO

 Licenciada en Ciencias de la Educación Física e o Deporte. Universidade da Coruña

 Postgrado en Xestión de Instalacións Deportivas. Universidade da Coruña e Sidecu s.l.

 Mestrado en Actividade física e Saúde. Universidade da Coruña. Abril 2012.

 Entrenadora de natación sincronizada, natación e waterpolo

 Instructora de Aquafitness e Pilates

 Coordinadora Complexo Deportivo de Perillo – A Fábrica. Empresa Aqualia s.l. A Coruña.

 Na actualidad cursando Master en Desarrollo Personal. Madrid 2017-18. Instituto pensamiento positivo.

 

 1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a? 

Coñecín AGAXEDE a través da empresa na que traballo na actualidade e pola páxina web.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE? 

Foi un agasallo da empresa.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade? 

Son coordinadora da instalación Municipal deportiva de Perillo e a Fábrica. A maiores imparto clases nas áreas de seco e auga, e participo na formación interna doutras instalacións que xestiona a empresa.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Visión desde o lugar dos diferentes clientes cos que convivo (cliente interno e cliente externo), xestión dos traballadores, programación, xestión do tempo, formación, e creatividade tanto para a resolución de problemas como para a xestión das diferentes ofertas.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Si, penso que a existencia dunha institución así facilita a visión xeral da xestión deportiva en Galicia e demáis, e axuda a compartir experiencias e aprendizaxes nun mesmo ámbito de traballo.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

En primera instancia formación e reencontro con antigos compañeiros de traballo.

 

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Seguir mantendo esa formación, seguir mantendo o contacto entre nós e seguir mantendo o apoio.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

No meu ámbito de traballo atópome con eles no día a día, e compartimos experiencias en varias ocasións, á parte de axuda mútua nos problemas que poidan xurdir.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE? 

 

Si, penso que estar en contacto con outros xestores cos que compartir experiencias e apredizaxes e vital para ter unha visión do sector e para o seu desenvolvemento dentro de esta comunidade de apoio.