PABLO ALÉN FEAL
PABLO ALÉN FEAL

CURRÍCULO:

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Diplomado en Maxisterio, especialidade Educación Física.

Graduado en Educación Primaria e Infantil con mención en Inglés.

Mestrado en Tecnoloxías da Información aplicadas á educación.

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñecín Agaxede o ano pasado. Estaba impartindo clase no IES Rosalía de Castro no ciclo de TAFAD e desde o módulo de Proxecto Integrado descubrímolo creando unha Rede Persoal de Aprendizaxe do noso alumnado. 

 

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Cando coñecín AGAXEDE púxenme en contacto con vós para preguntarvos se podíades vir á nosa aula a darnos unha charla e resolver certas dúbidas que tiñan os alumnos do ciclo. Pasados uns días, tivemos a sorte de poder contar con Eduardo Blanco Pereira no noso instituto. Despois de preparar a visita de Eduardo, escoitar a charla e as consultas dos alumnos dinme conta da importancia da Asociación e decidín formar parte dela.

 

3. A qué te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son profesor de Educación Física na ESO e tamén traballo na empresa de formación Nortesport, que se dedica á formación e preparación de oposicións, sendo a única academia específica que hai de Educación Física na nosa Comunidade Autónoma.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

No meu traballo, no día a día, as tarefas con maior importancia son a planificación, organización, control, entrega do traballo, capacidade de resolución e  traballo en equipo.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

A existencia de institucións como AGAXEDE son importantes desde o momento que nacen para servir, para axudar. É un punto de referencia ante os cambios actuais do mundo do deporte.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Grazas a asociación estou moito máis actualizado, non só a nivel de contidos senón tamén coñecendo a labor de moitos compañeiros.

 

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Seguir nesta línea, facilitando información e formación aos asociados que é a chave para seguir en línea ascendente e que sigades apostando polas novas tecnoloxías.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Estiven varios anos traballando como profesor en outras Comunidades Autónomas, cheguei o ano pasado a Galicia e como quen di, aínda estou aterrizando. Grazas á sección socio do mes, xa puiden ver a actividade de antiguos compañeiros.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Por suposto, tanto AGAXEDE como o COLEF Galicia parécenme puntos de referencia imprescinbles no panorama do deporte Galego.