CARLA DA SILVA CASTRO
CARLA DA SILVA CASTRO

CURRICULO

-Graduada en CCAFeD (2016, UDC)

-Mestrado en Discapacidade e Dependencia (2017, UDC)

-Mestrado en Trastorno do Espectro Autista (actualidade, Fundación Unirioja)

-Responsable ABIVD en ASPANAES (actualidade)

-Coordinadora de proxectos en AGAXEDE (2016-2017)

-Coordinadora do proxecto europeo Erasmus+: E4SPORT 2.0 (2016-2017)

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñecín a asociación a través do seu Presidente, Eduardo Blanco, cando estaba a cursar 3º do grado en CCAFeD.

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Tiven a oportunidade de realizar as prácticas do grado en CCAFeD en AGAXEDE. Ao rematalas, e convencida do bo facer da asociación, decidín facerme socia.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Na actualidade son coidadora no centro residencial de ASPANAES en As Pontes, asociación de persoas con TEA. Ademais, colaboro co CR Fendetestas na organización de eventos e na posta en marcha da Escola de Rugby na vila das Pontes.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Baixo o meu parecer, na xestión deportiva é imprescindible a planificación e a programación. Tamén hai que darlle importancia á xestión do tempo, algo que habitualmente se esquece. Por último, hoxe en día creo que a transformación dixital se está a converter en algo esencial na xestión do deporte.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Absolutamente. AGAXEDE supón un lugar de encontro para xestores de toda Galicia, o que posibilita as relacións con profesionais de toda a Comunidade Autónoma.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

AGAXEDE aportoume formación e ensinoume o valor real da xestión deportiva.

 

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que continuase no camiño de ampliar horizontes e de intentar chegar a máis profesionais. Creo que as xornadas para os pequenos e medianos municipios están a ser un punto clave para fomentar a información e a formación das persoas que día a día están á fronte da xestión deportiva municipal.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si, hoxe en días as redes sociais facilitan moitísimo a comunicación.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Por suposto. Creo no asociacionismo e no desenvolvemento que o terceiro sector tivo, está a ter e terá na nosa sociedade.