Aviso legal

Propiedade intelectual

A Asociación Galega de Xestores Deportivos ou AGAXEDE -inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia por Resolución de 08-07-1998, na Seción 1ª, nº 71, á que lle corresponde o nº 1998/000071-1ª de dito rexistro-, é titular do dominio de internet de primeiro nivel agaxede.org

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade de AGAXEDE.

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos profesionais e estudantes á información relativa ás iniciativas e servizos da Asociación, facilitando así as súas espectativas formativas e laborais.

 

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, AGAXEDE non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados das actas de reunións e asembleas teñen carácter oficial da Asociación.

AGAXEDE non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

AGAXEDE non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.

AGAXEDE reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

 

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

 

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

 

Recomendacións de acceso

AGAXEDE procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 800 x 600 pixels e 1024 x 768 pixels.

 

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.