Ampliado o prazo de presentación de candidaturas aos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva
27/09/2017 Categoría:  Actualidade

Amplíase o prazo de presentación de candidaturas aos VIII PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA, organizados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), ata o 27 de outubro. Desta forma, animamos a que se promova a presentación de candidaturas nas distintas modalidades convocadas, solicitando a máxima difusión entre aquelas persoas ou entidades que puidesen estar interesadas ou ser merecedoras dos devanditos premios. 

Podedes descargar as bases da convocatoria, así como o formulario da candidatura aquí.

A Gala de entrega dos VIII PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA celebrarase o venres, día 1 de decembro, en Betanzos (A Coruña), e oportunamente faranse chegar as invitacións co lugar concreto de celebración.

Más información aquí