Convenio de colaboración CSD-FAGDE
27/11/2017 Categoría:  Actualidade

Onte, venres 24 de novembro, no marco da xornada inaugural do Congreso Extraordinario de  GEPACV, a Asociación de Xestores do Deporte da Comunidade Valenciana, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Federación de Asociacións de Xestores do Deporte de España (FAGDE) e o Consello Superior de Deporte (CSD).

José Ramón Lete e Eduardo Blanco, presidentes do CSD e  FAGDE, respectivamente, foron os encargados de rubricar un protocolo que, en base ao "propósito de desenvolver proxectos de interese mutuo para ambas as entidades", establece "un marco de colaboración no que se aproveiten e potencien os seus recursos docentes, metodolóxicos, técnicos e de exercicio para o desenvolvemento de actividades e estudos sobre problemas e temas de interese común e de programas de cooperación". Todo iso, co fin de mellorar "a calidade de vida da poboación española a través da actividade física e o deporte".

Dun modo máis específico, o protocolo rubricado en Valencia, que estende a súa vixencia por dous anos, contempla a posibilidade de establecer un convenio para a organización e desenvolvemento do Congreso Español de Xestión Deportiva Municipal a celebrar en 2018, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).