Lanzamento oficial de GYM FACTORY
27/11/2017 Categoría:  Actualidade

GYM FACTORY, a Feira do FITNESS e Instalacións deportivas® 2018 xa está en marcha. Esta será a 5ª edición (4ª en España) da única feira profesional do FITNESS da península ibérica. O lugar de celebración será un ano máis o Recinto Feiral Juan Carlos I, Feira de Madrid.

Nesta nova edición, o evento incorpora un día adicional -xoves 10- enfocado aos operadores de instalacións deportivas de alto nivel, interesados en estar ao día na Xestión dos seus centros. Celebrarase o II Congreso Internacional de Xestión Deportiva, que servirá para quentar motores para os 2 días de Feira. Un impresionante elenco de expertos nacionais e internacionais en xestión empresarial. Á súa finalización terá lugar a festa do Fitness con entrega de premios aos mellores operadores do sector.

Durante os dous días de Feira terán cabida todos os actores do noso sector: O día 11 estará enfocado exclusivamente aos profesionais e o 12, aos adestradores e público especializado. Dous días, nos que as empresas expositoras mostrarán as súas novidades, para dar opción a todos os asistentes a probar os seus produtos  in- situ.  

GYM FACTORY é a feira do FITNESS da península ibérica, onde se espera que acudan un ano máis as marcas máis importantes do sector: Empresas de control de accesos, pavimentos deportivos, equipamento, nutrición deportiva, vestiarios, formación, tecnoloxía, medicina deportiva, saunas, tecnoloxía e unha infinidade de artigos imprescindibles para os centros deportivos.

Madrid volverá converterse un ano máis no  networking máis importante da península ibérica, onde se darán cita máis de 4.000 profesionais do sector, ademais doutros 4.000 visitantes entre adestradores e público final. Este ano, ademais, espérase contar cun incremento na cifra de visitantes profesionais, que asistirán ao II Congreso internacional de Xestión deportiva.

GYM FACTORY é o punto de encontro dos profesionais do Fitness. Se es profesional, non podes faltar!

Máis información en http://www.gymfactoryfairs.com.