REUNIÓN COA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE ECONOMISTAS DO DEPORTE
04/03/2018 Categoría:  Actualidade

Eduardo Blanco, presidente de FAGDE, o xoves día 1 de marzo, realizou un primeiro encontro coa recentemente creada Sociedade Española de Economistas do Deporte na Sala Olímpica do Consello Superior de Deportes, entidade representada polo seu presidente Carles Murillo, a quen lle acompañaban o vicepresidente, Arturo Díaz e os vocais Leonor Gallardo, Ferrán Calabuig e Jerónimo García.

Falouse de plasmar unha alianza de FAGDE e SEED en temas de formación, no marco dun convenio a suscribir en fechas próximas. Eduardo Blanco manifestou a voluntade de FAGDE de participar no Congreso Europeo de Xestión Deportiva previsto en Sevilla para 2019, ante Jerónimo García, promotor do citado evento. E destacar que Leonor Gallardo, vocal da Sociedade Española de Economistas do Deporte, tamén é membro da Comisión Executiva de FAGDE.