ÉXITO DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
04/05/2018 Categoría:  Actualidade

Día da Educación Física na rúa acadou este 25 de abril un importante éxito de participación de centros educativos e estudantes en toda España e, por suposto, tamén en Galicia. En total celebraron a xornada sacando a materia de Educación Física na Rúa aos espazos públicos máis de 430 colexios e institutos e máis de 59.000 alumnos e alumnas. Na nosa Comunidade dobrouse a cantidade de participantes, conseguíndose nesta ocasión xuntar a 47 centros en diferentes puntos de Galicia, con 6.530 rapaces e rapazas. O COLEF Galicia amosa a súa satisfacción pola consolidación deste importante evento, que, entre outros obxectivos, busca ensinar á poboación en xeral os contidos da Educación Física que se imparte nos centros educativos, amosar a súa importancia e concienciar da necesidade de practicar exerciciopara frear os problemas de sedentarismo e obesidade que afectan aos nenos e nenas, especialmente en Galicia. Agradecemos a implicación dos nosos colexiados, dos mestres e profesores en xeral e tamén dos verdadeiros protagonistas, os estudantes, e animámolos a ir traballando xa na edición do ano que vén. Deixámosvos un enlace á información publicada na nosa web e tamén ao informe elaborado polo COLEF Galicia sobre esta data.

 

O CONSEJO COLEF RECLAMA UNHA REGULACIÓN DO EXERCICIO PROFESIONAL DE ÁMBITO ESTATAL E A COLEXIACIÓN OBRIGATORIA

Consejo COLEF lembra no seu "Informe sobre la regulación del ejercicio profesional en el ámbito del deporte. Viabilidad de una Ley Estatal ordenadora de la profesión de educador físico deportivo" a necesidade de regular a profesión a nivel estatal para que se acoten os ámbitos funcionais profesionais, especialmente os reservados aos universitarios. Nunha nota resumo deste documento lembra que a propia Constitución establece que a regulación normativa sobre os colexios profesionais e as profesións tituladas terase que facer por lei. A xuízo do Consejo COLEF  a nosa profesión cumpre os requisitos para que sea esixible a colexiación. Neste sentido, reclámase a obrigatoriedade de se colexiar  e pídese tamén unha regulación de ámbito estatal. Un dos argumentos que se esgrimen é a vinculación do exercicio profesional da educación física e o deporte coa saúde. Todo o informe pódese consultar aquí

 

 

PROMOCIÓN PARA COLEXIADOS / AS

COLEF Galicia ten en marcha una promoción para colexiados / as que consiste en que o que anime a un compañeiro ou compañeira a se integrar na organización terá un desconto do 25% na cota anual de 2019. E se se consiguen catro, non pagará nada. Para solicitar a bonificación preme nesta ligazón.

 

PROMOCIÓN PARA COLEXIADOS / AS

COLEF Galicia ten en marcha una promoción para colexiados / as que consiste en que o que anime a un compañeiro ou compañeira a se integrar na organización terá un desconto do 25% na cota anual de 2019. E se se consiguen catro, non pagará nada. Para solicitar a bonificación preme nesta ligazón.

 

 


Vicente Romo
 vén de ser reelixido como decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo e estará á fronte dun equipo no que, ademais del mesmo, outras dúas persoas son colexiadas do COLEF Galicia: o vicedecano de Calidade, Ezequiel Rey, e o secretario académico, Óscar García

 

 

 

REBAIXAS EN GALICIA CC ONLINE

O centro comercial virtual Galicia cc Online ofrece un 5% de desconto para colexiados. Desta iniciativa forman parte 19 establecementos de diferentes sectores, con 12.000 produtos de primeiras marcas. Máis información 

DESCONTOS EN HOTELIUS CLUB

Os colexiados do COLEF Galicia teñen á súa disposición a nova plataforma de reservas de hotel Hotelius Club, cun desconto de entre o 12 e o 15% en máis de 50.000 hoteis.Máis información.

 

VACACIÓNS CON TRABALLO

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realiza unha nova convocatoria do seu programa de voluntariado internacional Vacacións con traballo, a través do cal persoal técnico das deputacións e concellos socios poden colaborar entre 15 días e un mes cos parceiros en Cabo Verde. +info

AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE

Do 7 ao 9 de maio celebrarase en Santiago unha actividade formativa organizada pola Escola Galega de Administración Pública titulada "Avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte". Trátase dun curso de 15 horas para o que hai un total de 25 prazas. Máis información aquí .