VI ABERTO DE BILLA PONTECESO
13/05/2018 Categoría:  Actualidade

O vindeiro domingo día 20 de maio de 2018, celebrarase o VI Aberto de Billa, nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural/ MELGA do concello de Ponteceso.

 

Ao mesmo tempo desenvolverase a última xornada da liga Nacional de Billarda da Confederación Noroeste. A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Confederación Noroeste de Billarda e a colaboración do Concello de Ponteceso. Estades todos/ as convidados/as a participar nunha sesión do noso deporte ancestral.