PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE A ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ENTIDADES DEPORTIVAS
16/05/2018 Categoría:  Actualidade

Datas de celebración: 29, 30 de xuño e 1 de xullo.

Dirección: Óscar Hermida Otero

Secretaria: María Esther Martínez Piñeiro

Lugar de celebración: Casa Dopeso – As Pontes de García Rodríguez

Nº de horas lectivas: 19

Límite de alumnos: 100

Prazo de matrícula: 9 de maio a 15 de xuño

Este curso conta cun co-financiamento do Concello de As Pontes de García Rodríguez

PROGRAMA

Día 29 de Xuño

15:30-16:00 h.: Recollida de documentación

16:00-16:15 h.: Inauguración do curso

16:15-:17:45 h.: Obradoiro sobre a elaboración dun Plan de Seguridade. Especial énfase en eventos deportivos organizados por Entidades Locais. Relator: David Fabeiro Agraso

18:00-20:00 h Futuro inmediato das federacións deportivas autonómicas, nacionais e internacionais. Perspectivas de cambio co novo proxecto de Lei do Deporte. Relator: Emilio García Silvero. Ex-Director do Departamento xurídico da Real Federación Española de Fútbol e actualmente é o Director do Departamento de Integridade da UEFA.

Día 30 de Xuño

10:00-12:00 h. A xestión económico-financeira máis eficiente segundo a tipoloxía da entidade e as ferramentas de control. Relator: José González-Dans Vázquez. Director G. Corporativo R.C. Deportivo de La Coruña e Profesor Asociado IESIDE Business Institute.

12:00-14:00 h. As relacións laborais nas entidades deportivas (adestradores, deportistas, preparadores físicos, etc.). O encaixe do voluntariado e os seguros de responsabilidade civil e de asistencia sanitaria. Cumprimento da Lei de Protección do Menor. Relator: Óscar Rama. Asesor Xurídico do R.C. Deportivo de La Coruña SAD.

16:00-18:00 h. Xurisdición deportiva: A revisión e control dos actos e decisións do ámbito deportivo pola Administración. O Tribunal Administrativo do Deporte e o Comité Galego de Xustiza Deportiva. Futuro da xustiza deportiva. Relator: Cristina Pedrosa Leis. Vogal do Tribunal Administrativo do Deporte e exmembro do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

18:00-20:00 h. Patrocinio deportivo. Exemplo dun caso de éxito (Estrella Galicia). Que buscan as empresas para expandir a súa imaxe de marca. Relator: José Villanueva Penas. Sponsorship Manager en Hijos de Rivera SAU.

Día 1 de Xullo

10:00-12:00 h. Novas tecnoloxías aplicadas á xestión deportiva. Ferramentas para os xestores deportivos Relator: Leonor Gallardo. Profesora titular da UCLM (acreditada a Catedrática). Investigadora principal do Grupo IGOID e CEO de IGOID SPORTEC

12:00-14:00 h. Liderado e talento na xestión do deporte Relator: Leonor Gallardo. Profesora titular da UCLM (acreditada a Catedrática). Investigadora principal do Grupo IGOID e CEO de IGOID SPORTEC

15:30-18:30 h Criterios organizativos de eventos deportivos no medio natural: sustentabilidade (Eventos Eco). Relator: Miguel Rodríguez. Director Técnico Fundación Deporte Galego-Xunta de Galicia. O turismo deportivo como fórmula de posicionamento dun destino Relator: Guti Martín. Xerente Sherpa Project. Consultores en Turismo e Deporte.

18:30-19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas