O alumnado de CCAFeD visita o Centro Penitenciario de Teixeiro
11/05/2017 Categoría:  Actualidade

Visita do alumnado do 3º curso do INEF ao Centro Penitenciario de Teixeiro. Actividade impulsada por AGAXEDE en colaboración coa Facultade, que ten como obxectivo visitar as instalacións deportivas e os programas que se levan a cabo no centro. Acordouse iniciar o trámite para que o alumnado poida realizar alí o seu Prácticum o curso que vén.