Faite socio

SOCIO, POR QUE?

Os socios disporán, ademais dos contemplados como dereitos nos Estatutos e doutros que se xeren no desenvolvemento e funcionamento da asociación, dos beneficios seguintes:

  • Participar nas actividades formativas organizadas ou impulsadas desde a asociación, cunha cota reducida ou de forma gratuíta, no seu caso.
  • Formar parte das comisións sectoriais que se constitúan con dereito a voz e voto.
  • Acceder aos contidos da área de socios da web, entre outros, aos seguintes:
    • Consultas gratuítas.
    • Lexislación xeral e sectorial actualizada.
    • Relatorios e artigos de interese.
    • Observatorio do deporte.
    • Blog reservado.

 

E outros que se xeren no desenvolvemento e funcionamento da asociación.

 

IMPORTANTE:

Aínda que no formulario de solicitude de alta como Socio o solicitante debe facilitar á Secretaría de AGAXEDE un número de conta bancaria para a domiciliación das cotas, o PRIMEIRO PAGO destas debe efectualo o solicitante ás contas de AGAXEDE Nº

ES37 2080 0712 94 3040001376

ES09 2080 0712 97 3040005128

e enviarnos por fax ou correo electrónico a copia do resguardo dese pago, para facer efectiva a alta como Socio.

 A cota anual segue sendo de 60 euros para socios en activo, 30 euros para desempregados, e 20 euros para estudantes de FP e Grao.

Formulario para facerse socio de AGAXEDE