A RFGF ORGANIZA O 9 DE OUTUBRO A "I XORNADA DE XESTIÓN DE FÚTBOL E FÚTBOL SALA" COA COLABORACIÓN DE AGAXEDE

A RFGF ORGANIZA O 9 DE OUTUBRO A
INFORMACIÓN:
  • Fecha: del Viernes, 09 de Octubre de 2026
  • Hora: 17:00h.
  • Presencial

A Real Federación Galega de Fútbol celebrou durante a tempada unhas xornadas informativas sobre xestión de clubs que agora teñen o seu culmen na I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala que se vai a celebrar o 9 de outubro no salón Amancio Amaro da sede federativa de Santiago. Unha xornada na que a RFGF conta coa colaboración de Agaxede (Asociación Galega de Xestión Deportiva).

A xornada contará coa participación de relatores expertos na materia, como Eduardo Blanco, presidente de Agaxede. Tamén impartirá unha interesante ponencia Julio Ransés, xefe de equipo da Axencia Tributaria. Raúl Forés, da empresa TeamFeePay falará da dixitalización na xestión dos clubs. Logo dun pequeno descanso levarase a cabo unha interesante mesa de debate con representantes de clubs galegos para dar paso ás dúas últimas ponencias, a primeira da man de Manel Valcarce, director xeral da consultoría deportiva Valgo que nos falará de marketing dixital, e será Manuel Lalinde, director xeral da Real Federación Española de Fútbol, que poñerá o peche á xornada cunha ponencia sobre o estado do fútbol en España.

Inscrición aberta e gratuíta, ata completar aforo

A inscrición é totalmente gratuíta e xa se pode realizar cumprimentando un formulario que atopades no seguinte enlace: https://forms.gle/7KiWPH1JmVvvbaKT8

A inscrición manterase aberta ata completar o aforo do salón Amancio Amaro.

Unha xornada destinada para todas as persoas

Esta xornada está dirixida principalmente a aquelas persoas que se encargan da xestión deportiva dos clubs de fútbol e fútbol sala, pero pode asistir calquer persoa vinculada aos nosos deportes e tamén representantes de clubs doutras modalidades deportivas.

Representa unha gran oportunidade de recibir unha información moi importante en aspectos como as obrigas fiscais, o marketing dixital, a optimización dos recursos, os patrocinios...

Pablo Prieto, presidente da RFGF, invita a todos os clubs a participar "nunha xornada que considero vai aportar un gran coñecemento de moito valor a todos os que asistan".

Inscríbete aquí