CONGRESO INTERNACIONAL DE TURISMO DEPORTIVO

CONGRESO INTERNACIONAL DE TURISMO DEPORTIVO
INFORMACIÓN:
  • Fecha: del Jueves, 24 de Noviembre de 2022 al Viernes, 25 de Noviembre de 2022
  • Hora: de 09:45 a 14:00h.
  • Presencial
  • Fundación Ferias e Exposicións de Ourense
  • Finca Sevilla, s/n, 32005, Ourense

INSCRÍBETE AQUÍ

Os próximos 24 e 25 de novembro, coincidindo co V Salón do Deporte e Turismo Activo, Sportur Galicia, celebrarase no recinto Feiral de Expourense o Congreso Internacional de Turismo Deportivo, unha iniciativa conxunta de Turismo de Galicia e da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e Turismo de Galicia a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (EXPOURENSE). 

O congreso ten o obxectivo de afondar nas oportunidades do turismo deportivo como motor do  desenvolvemento local e autonómico, polo que dentro das xornadas contarase con expertos na materia e analizaranse experiencias de éxito de diferentes destinos a nivel mundial que permitirán explorar vías de crecemento neste sector económico e de emprego tan significativo como é o do turismo e o deporte. 

Este foro será unha gran oportunidade para debater sobre novos enfoques, sustentabilidade, movilidade sostible ou protección do medio ambiente e dos recursos, entre outros temas. A inscrición no congreso é gratuíta e pódese realizar a través de https://sporturgalicia.com. Tamén pode obter información adicional a través da secretaria técnica en +34 988 36 60 30 ou no mail: directordeportivo@expourense.org

INSCRÍBETE AQUÍ