9, 10 e 11 de xuño | Edificio Fórum – Carballo
Prazas limitadas | Terán prioridade os clubs deportivos pertencentes ao Concello de Carballo, por rigorosa orde de inscrición.
O Concello de Carballo organiza un curso de formación gratuíto orientado a fortalecer as capacidades de xestión dos clubs deportivos locais. Durante tres sesións, abordarase o funcionamento, os riscos e as obrigas legais das entidades deportivas desde unha perspectiva práctica e actual.
Dirixido a persoas directivas e técnicas dos clubs deportivos do Concello de Carballo
? Programa formativo
9 de xuño
Xestión de riscos: Protocolo antiviolencia nos clubs deportivos
? Jorge Méndez Lamas
10 de xuño
A estrutura do ecosistema deportivo
? Eduardo Blanco Pereira
11 de xuño
Rexime xurídico e obrigas tributarias dos clubs deportivos
? Julio Ransés Pérez Boga
? Lugar:
Edificio Fórum – Carballo
? Obxectivos do curso
- Mellorar a preparación legal e organizativa das directivas dos clubs.
- Coñecer as obrigas documentais e fiscais das entidades deportivas.
? Profesorado:
? Jorge Méndez Lamas
Especialista en prevención da violencia no deporte. Conta cunha ampla experiencia en formación e implementación de protocolos antiviolencia en entidades deportivas.
? Eduardo Blanco Pereira
Licenciado en Educación Física e Doutor en Dereito, profesor xubilado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC e presidente da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). Ten unha ampla traxectoria na análise e desenvolvemento do ecosistema deportivo galego.
? Julio Ransés Pérez Boga
Xefe de Equipo de Inspección na Delegacion Especial da Axencia Tributaria de Galicia e experto en dereito tributario. Ten unha ampla experiencia na docencia e asesoramento sobre obrigas fiscais e legais para entidades deportivas.

