5, 6 e 7 de outubro| Edificio Fórum – Carballo
Prazas limitadas | Terán prioridade os clubs deportivos pertencentes ao Concello de Carballo, por rigorosa orde de inscrición. Inscrición aberta dende o 12 de setembro ao 1 de outubro
O Concello de Carballo organiza a segunda edición dun curso de formación gratuíto orientado a fortalecer as capacidades de xestión dos clubs deportivos locais. Durante tres sesións, abordaranse os criterios psicolóxicos aplicados á xestión deportiva, os seguros necesarios para as entidades e a dixitalización dos clubs, desde unha perspectiva práctica e adaptada ás súas necesidades.
Dirixido a persoas directivas e técnicas dos clubs deportivos do Concello de Carballo
Programa formativo
5 de outubro
Seguros necesarios no ámbito da entidade deportiva: Tipos, descrición, características e casuísticas que se deben ter en conta.
6 de outubro
Criterios psicolóxicos na xestión e actividade ordinaria da entidade deportiva.
7 de outubro
Dixitalización dunha entidade deportiva
Lugar:
Edificio Fórum – Carballo
Obxectivos do curso
-
Mellorar a xestión dos clubs mediante criterios psicolóxicos.
-
Coñecer os seguros e coberturas necesarios no ámbito deportivo.
-
Impulsar a dixitalización para optimizar a xestión das entidades deportivas.
Profesorado:
Alejandro López Sánchez
Avogado especializado en Dereito Deportivo e responsabilidade no ámbito do deporte. Autor do libro El seguro deportivo obligatorio, conta con experiencia e publicacións especializadas sobre seguros, responsabilidade civil e organización de actividades deportivas.
Jacobo Ceide Franqueira
Psicólogo especializado en Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte e membro da Comisión de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Conta con experiencia na aplicación da psicoloxía ao ámbito deportivo e no traballo con deportistas, adestradores e entidades deportivas.
José Delgado Pérez
Fundador y CEO de Qaroní y PLAAM, matemático e ingeniero especializado en sistemas, software y automatización. Cuenta con una amplia trayectoria en proyectos de transformación digital paray entidades deportivas. Su experiencia aporta una visión práctica sobre cómo la tecnología puede ayudar a los clubs a profesionalizar su gestión, optimizar procesos, incrementar ingresos y adaptarse a las nuevas necesidades del sector.
Invitados especiais:
Ricardo Serrano Tasende
Presidente da SD Sofán e director para Bergantiños de Suevia Gestión de Riesgos y Seguros. Profesional do sector asegurador desde 1998, conta cunha ampla experiencia na xestión de riscos e seguros.
José Antonio Rodríguez Fraga
Vicepresidente primeiro de Escolas Balonmán Xiria, corredor de seguros e experto en peritación xudicial en materia de seguros. Profesional do sector desde 1988, actualmente desenvolve a súa actividade en Suevia Gestión de Riesgos y Seguros.

