A sexta edición de SPORTUR GALICIA “Salón do Deporte e Turismo Activo” terá lugar do 30 de novembro ó 1 de decembro de 2023 .Esta cita é unha iniciativa conxunta entre o Recinto Feiral de Expourense e Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa colaboraciónda Deputación Provincialde Ourense. Sportur ten o obxectivo de potenciar os atractivos de Galicia como destino activo e saudable, así como para a práctica deportiva tanto profesional como de afeccionados. A área expositiva complementarase con actividades paralelas entre as que destaca o IV Congreso InternacionaldeTurismoeDeporte. O congreso ten como finalidade afondar nas oportunidades do turismo deportivo como motor de desenvolvemento local e autonómico, polo que dentro das xornadas contarase con expertos na materia e analizaranse experiencias de éxito de diferentes destinos a nivel internacional que permitirán explorar vías de crecemento neste sector económico e de emprego tan significativo como é o do turismo e do deporte. Este foro suporá unha oportunidade para debater sobre novos enfoques, sustentabilidade, mobilidade sostible ou protección do medio ambiente e dos recursos, entre outros. A inscrición no congreso é gratuíta e pódese realizar a través de https://sporturgalicia.com.
En www.sportugalicia.com, Facebook e Instagram, atopará máis información.
- Lugar: Recinto Ferial de Expourense
- Fecha: 30 de noviembre a 1 de diciembre de 2023
- Horario: de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00
- Edición: 6ª
- Periodicidad: Anual
- Tipo de visitantes: Profesional y visitante general
- Organiza: Expourense
- Web: www.sporturgalicia.com
- Teléfono: +34 988366030