Ademais do Webinar Informativo previsto para este venres 23 de setembro, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar tamén organizará o vindeiro martes 27 de setembro un Webinar sobre "Fondos Next Generation: Inclusión e Igualdade no deporte".
En relación ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Galicia vai recibir entre 2022 e 2023 un total de 1.133.772,41 € para investir en programas de igualdade e inclusión. Concretamente destinaranse a promoción, formación e sensibilización. Durante este webinar detallarase como vai distribuir estes fondos a Xunta de Galicia.