
O venres 23 de setembro terá lugar un webinar informativo, que terá por título "Fondos Next Generation: Prescrición de Exercicio Físico".
O pasado 18 de xullo de 2022 saíu publicado no Boletín Oficial do Estado o Acordo da Conferencia Sectorial de Deporte, de 9 de maio de 2022, relativo á distribución territorial e criterios de reparto do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia.
A Conferencia Sectorial do Deporte aprobou no marco do Compoñente 26 "Fomento do Sector Deporte" un orzamento para o exercicio 2022 de 26.000.000 € para o "Plan de Modernización das Instalacións Deportivas" e 9.000.000 € para o "Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física".
Dentro do Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física a Galicia lle corresponden 442.349,36 € para investir en:
- Dispoñer dun sistema/ferramenta dixital que de soporte ao plan de prescrición de exercicio desde os centros de saúde.
- Dispoñer de cursos de formación específicos en programas de actividade física e Saúde para os colectivos médicos e educadores físicos. Cunha base de desenvolvemento dixital.
- Crear estruturas deportivo/comunitarias locais "Unidades Activas de Exercicio Físico" ou unidades equivalentes.
Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte, organizan este webinar informativo o vindeiro venres 23 de setembro para informar ao sector de como se van a implementar estes fondos e para coñecer de primeira man as inquedanzas do sector e aportacións ao plan que pódense incorporar desde a industria do deporte. Consideramos que é unha boa oportunidade para dar un impulso e a industria do deporte galego debe estar preparada para presentar os seus proxectos en tempo e forma.