13º Congreso Internacional de Ciencias del Deporte y la Salud

13º Congreso Internacional de Ciencias del Deporte y la Salud

Prezado alumnado e profesorado,

Dende o Comité Organizador do 13º Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Saúde, organizado polo Departamento de Didácticas Específicas, Sportis Formación Deportiva, Vicerrectorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, desexamos convidarvos a participar neste macro evento formativo que terá lugar os días 27-29 de abril do 2017 na cidade de Pontevedra.

O evento está destinado a universitarios e profesionais das áreas da Educación Física, Saúde, Psicoloxía, Fisioterapia, Enfermería, Psicomotricidade, Deporte, Nutrición, Medicina e Enfermería, trátase dun evento multidisciplinar que abordará os estilos de vida saudables, o deporte e a saúde así como a Educación Física como ferramenta do desenvolvemento integral da persoa. 

 A todos os participantes se lles entregará un diploma baremable para oposicións e disporase dun autobús gratuito con saída da Facultade de Ciencias da Educación o día 27 de abril e regreso o 29, sempre e cando participen máis de 30 alumnos.

Pódese participar tamén presentando comunicacións ou pósters e haberá premios para os mellores traballos. Todos os manuscritos publicaranse nun cd de actas co seu correspondente ISBN e Depósito Legal, ademais, seleccionaranse os mellores traballos vinculados á psicomotricidae e Educación Física para publicar na revista científica da UDC Sportis Scientific Journal, indexada en bases de datos internacionais como Thomson Reuters ou Latindex.

Link do evento https://goo.gl/mYPBfy

Calquer dúbida podedes enviarme un email a v.arufe@udc.es

Tríptico en pdf, descargar.

Compartir esta noticia: