CARLA DA SILVA, SECRETARIA XERAL DE AGAXEDE, NO GRUPO DE TRABALLO DEPORTE E DISCAPACIDADE DA XUNTA DE GALICIA

Este luns celebrouse a primeira reunión do Grupo de traballo Deporte e discapacidade, promovido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e no que participan diferentes entidades como o CERMI, o Clúster Industria Deporte Galego, a Fundación Deporte Galego, a FEGAMP e a Dirección Xeral de Saúde Pública.
A prioridade deste grupo de traballo é identificar as barreiras actuais que enfrontan tanto as persoas con discapacidade como as entidades relacionadas co deporte para promover unha práctica deportiva inclusiva e diversa na nosa comunidade. O obxectivo final é elaborar unha guía que identifique as accións clave para asegurar unha participación en igualdade de condicións.
Carla da Silva participa neste grupo como experta en procesos de inclusión no deporte, representando tanto a AGAXEDE coma ao COLEF Galicia.