DESDE FAI 28 ANOS A CARREIRA ALTERNATIVA MOSTRA QUE O DEPORTE PODE SER IGUALITARIO E INCLUSIVO
Preto de 2000 persoas de tódalas idades e condicións participaron na XXVIII Carreira Alternativa, unha actividade non competitiva onde o mais importante é participar. Fernando Romay deu a saída ó desprazamento que podíase facer correndo, andando, en patíns ou bicicleta, en cadeira de rodas ou como se queira, chegando de novo a Praza de María Pita para poder xogar toda a mañá hasta que o sorteo de regalos deportivos rematou esta nova edición. Sen ningún incidente, sen lesións, e sen ter que pagar pola inscrición, ó longo de todos estes anos a Carreira Alternativa demostrou que calquera persoa pode facer actividade física e deportiva que constitúe o mellor medicamento contra o sedentarismo e que reforza noso sistema inmune.
Unha actividade deportiva única e singular fundamentada por unha filosofía do deporte social e cidadán, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva que conta coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña, ademais de varias entidades e federacións deportivas, xunto cos patrocinadores Beone, Jim Sports, GADIS e Coca Cola, é o persoal voluntario da Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. Hoxe tamén tivemos a presenza do coruñés e actor Martiño Ribas que entregou premios e foi unha sorpresa agradable para tódalas persoas presentes na Praza de María Pita.
Como actividade previa á Carreira Alternativa, os sábados 22 e 29 de abril, celebráronse 2 Xornadas de Actividade Física Saudable, nos parques biosaudables de Santa Margarita, Os Rosales e o Novo Mesoiro da Coruña, na que participaron preto de 300 persoas.
Galería fotográfica das xornadas biosaudables: