WEBINAR INFORMATIVO SOBRE O KIT DIXITAL AXUDAS DO GOBERNO

WEBINAR INFORMATIVO SOBRE O KIT DIXITAL AXUDAS DO GOBERNO

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizara,o 25 de marzo, as 12:30 horas, un Webinar informativo sobre o Kit Dixital, axudas do Goberno cuxo prazo de inscrición abriuse hoxe mesmo.

Neste primeiro prazo poderán beneficiarse o primeiro segmento de empresas, é dicir, empresas de entre 10 e 49 traballadores e traballadoras.Tamen se resolveran dúbidas para todas aquelas empresas que poidan beneficiarse do Kit Dixital nalgún dos outros dous segmentos.

No Webinar participarán dúas empresas do Clúster que están recoñecidas como Axentes Dixitalizadores, polo tanto serán de moito valor as súas explicacións sobre o procedemento e posibles melloras de dixitalización subvencionables co Kit Dixital.

Poderá encontrar toda a información  sobre o Kit Dixital na seguinte ligazón: INFORMACIÓN

Para participar no Webinar poderá inscribirse facendo click a seguinte palabra: INSCRICIÓN

Compartir esta noticia: