XORNADA: OBRADOIRO DE FISIOLOXÍA E NOVAS METODOLOXÍAS NO ADESTRAMENTO
A Fundación Deporte Galego organiza un obradoiro especializado en fisioloxía do deporte e aplicacións científicas no alto rendemento, que terá lugar os días venres 7 e sábado 8 de novembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.


O relator principal será o Dr. Juan Carlos Mazza, recoñecido profesional con ampla traxectoria internacional:
-
🧬 Especialista en Fisioloxía do Deporte e Ciencias do Exercicio
-
⚙️ Experto en aplicacións científicas en alto rendemento deportivo en seleccións nacionais
-
🎓 Membro Fellow do American College of Sports Medicine (FACSM)
A inscrición é necesaria e totalmente gratuíta, e permanecerá aberta ata o 30 de outubro. Pódese realizar por módulos independentes ou para o curso completo.
👉 ¡ÚLTIMAS PRAZAS DISPOÑIBLES!
Non perdas a oportunidade de aprender da man dun referente internacional no ámbito da preparación física e a ciencia do deporte.
Os detalles da xornada, e o link de inscrición pódense atopar aquí.

