Agrupación de Montañeros Independientes

Agrupación de Montañeros Independientes

Breve descrición da entidade:
A Agrupación de Montañeiros Independentes é un club deportivo de montaña sen ánimo de lucro fundado fai 40 años cun propósito claro: promover, formar e facilitar a práctica continuada dos deportes de montaña para todas as persoas, independentemente da súa orixe, idade ou condición física e intelectual.

Cremos firmemente que a natureza non entende de barreiras e, por iso, traballamos diariamente para que o montañismo sexa un espazo verdadeiramente universal, seguro e accesible.

Os nosos piares fundamentais

Deporte de base: Fomentamos a actividade física desde as etapas iniciais, creando canteira e transmitindo os valores do compañeirismo, o esforzo e o respecto polo medio ambiente.

Inclusión real: Deseñamos actividades adaptadas para persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual, garantindo a súa plena participación e desfrute na montaña.

Integración social: Tendemos a man a colectivos en risco de exclusión pola súa procedencia, por situacións de vulnerabilidade económica ou a persoas privadas de liberdade, empregando o deporte como ferramenta terapéutica e socializadora.

Sen esquecer as persoas adultas: Ofrecemos programas continuados para que as persoas adultas poidan practicar as distintas modalidades dos deportes de montaña con seguridade, continuar coa súa formación técnica e compartir a súa paixón en comunidade.

Compromiso co medio natural: A esencia do noso club reside no contacto directo coa natureza. Non entendemos o noso deporte sen o respecto e a conservación do medio natural que nos acolle. Por iso, todas as nosas saídas, cursos e expedicións integran unha sólida conciencia ecolóxica, promovendo un montañismo sostible e o coidado da biodiversidade.

Que beneficios aportades á sociedade a través da vosa entidade?
Ofrecemos a toda a sociedade a oportunidade de coñecer e practicar de maneira continuada os deportes de montaña, facilitando tamén o acceso á formación necesaria para a práctica do montañismo. Ademais, empregamos o deporte como unha ferramenta de inclusión e inserción social.

No ámbito da xestión, que tarefas considerades primordiais?
A captación de fondos que permita garantir a viabilidade das nosas actividades, a coordinación técnica da nosa masa social e dos recursos dispoñibles, especialmente os humanos, así como o control da xustificación económica e o cumprimento das obrigas administrativas.

Cales son os principais retos que afronta a vosa entidade na súa xestión diaria?
A dispoñibilidade e xestión dos recursos humanos necesarios para conformar e manter un equipo técnico adecuado.

Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Si, porque nos proporciona apoio e orientación en diferentes aspectos relacionados coa xestión da entidade.

Que vos achegou AGAXEDE ata este momento?
Asesoramento na xestión e no cumprimento das obrigas administrativas da entidade.

Que lle pediríades nun futuro á Asociación?
Continuar impulsando cursos e accións formativas que contribúan a mellorar a capacitación e a xestión das entidades deportivas.

Recomendaríades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?
Si. Consideramos importante que o noso colectivo estea conectado a través dunha asociación destas características, xa que permite establecer relacións entre entidades, crear sinerxías, compartir experiencias e dar maior visibilidade ao traballo que realizamos.

Compartir este post: