ALEJANDRO GARCÍA MOSQUERA

ALEJANDRO GARCÍA MOSQUERA

 

CURRÍCULUM VITAE

FORMACIÓN

- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Universidade Da Coruña

- Mestrado de Profesorado de ESO e FP. Universidade Da Coruña

- Actualmente cursando Mestrado en Xestión Empresarial Deportiva. UVigo.

EXPERIENCIA PROFESIONAL

Prácticas y voluntariado

- Gestión deportiva - Gestión Escuelas Deportivas Municipales de Arteixo - AXIÑA SD | Febrero 2022-Mayo 2022

- Gestión deportiva - Comité Organizador en colaboración Consejo COLEF & COLEF GALICIA del XCVI Pleno del Consejo COLEF| Febrero 2022-Julio 2022

- Profesor Educación Física - IES Salvador de Madariaga | Febrero 2023 - Abril 2023

- Gestión deportiva - Colaboración en organización de Carreira Alternativa y Parques Biosaludables | AGAXEDE- Enero 2021 - Mayo 2021

 
Ámbito deportvo
 
- Profesor FP Medio Guía en el Medio Natural y Tiempo Libre | EFA Coristanco- Septiembre 2023- Actualidad
- Árbitro de fútbol - CTA Galicia | Enero 2016- Actualidad (Preferente Galicia)
- Entrenador de fútbol- Liceo Monelos SD | Septiembre 2020- Junio 2022
- Monitor deportivo - Campus Donato | Julio 2022-Julio 2023
- Monitor deportivo (atletismo, baloncesto y entrenamiento para la salud) - Esproade Marzo 2023- Julio 2023

- Gestión deportiva -  Directivo Agrupación Deportiva O Silbato | Enero 2022 - Actualidad

 

Ámbito no deportivo

- Comercio o venta-Iberdrola | Septiembre 2020
- Comercio o venta-MásMóvil | Junio 2021-Septiembre 2021
- Comercio o venta-Wasting Time | Junio 2022- Septiembre 2023
- Atención al Cliente-Pull&Bear | Marzo 2020- Junio 2020
- Reposición y cajero-LIDL | Marzo 2020
- Reposición y cajero-Mercadona | Mayo 2022-Agosto 2022

ENTREVISTA  

1.   Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Sí, xa que é un importante colaborador cos rapaces que queremos introducirnos no apaixoante mundo da xestión deportiva, na nosa etapa de grao na facultade.

2.   Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Tras a última clase que me impartíu Eduardo Blanco no MBA da UVigo, decidín retomar a miña relación con AGAXEDE dun xeito máis directo e adaptado a miña realidade como profesional.

3.   A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Dedícome á docencia como docente no FP medio de Guía no Medio Natural e Tempo Libre, mentres sigo exercendo como árbitro de fútbol, ámbito no que son directivo dunha agrupación deportiva (que ainda quedan). Porén, sígome considerando máis estudante que traballador.

4.   No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

 Aínda que actualmente estou vivindo a xestión deportiva dende un punto de vista máis teórico, creo que debemos ser especialmente coidadosos cando traballamos cas persoas, xa que son o noso valor principal. Máis que tarefas, considero que hai certos principios que debemos ter gravados na nosa mente, e ser consecuentes con eles en cada acción que realicemos ou decisión que tomemos.

5.   Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

 Sen dúbida, debemos apoiar calquera tipo de Asociación que incentive as sinerxias entre os distintos profesionais do noso sector. Ademáis, debido a situación da nosa profesión, xunto con todos os cambios que está a sufrir, estas alianzas toman máis valor se cabe. Por outra banda, a proposta de AGAXEDE é moi completa, integrando e achegando moitas ferramentas ao alcance dos socios.

6.   Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Aportoume moito coñecemento e experiencia debido ás colaboracións que fixen con eles nalgúns eventos. Ademáis, valoro moito a perspectiva que me segue axudando a alcanzar no marco da xestión deportiva.

7.   Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que siga traballando do mesmo xeito, actualizándose, e creando máis formacións que nos permitan mellorar o noso sector.

8.   Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Pouco a pouco voume adentrando neste mundo, porén teño claro que é un proceso lento pero moi gratificante.

9.   Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Sí, sen ningunha dúbida AGAXEDE pode axudar ós educadores físico deportivos a dar un salto de calidade na súa formación e intervención profesional.

 

Compartir este post: