ALEXANDRE CENTENO LISTE

ALEXANDRE CENTENO LISTE

Formación académica
Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade da Coruña (UDC)
Máster Universitario en Xornalismo de Investigación, Datos e Visualización pola Universidade Internacional da Rioxa (UNIR)
Máster en xornalismo e comunicación dixital por INESEM Business School.
Máster Universitario en Investigación en Educación Física, Deporte e Saúde pola Universidade da Coruña (UDC)

Profesional
Colaborador en Radio Culleredo entre entre 1992 e 1993
Redactor nel Ideal Gallego entre 1993 e 2000
Redactor de La Voz de Galicia desde xuño de 2000
Profesor dun módulo de datos e fake news no #Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2017-2018 no #Máster en Comunicación Deportiva da Universidade da Coruña no curso 2022-2023

Outros cargos
Representante en Galicia da Asociación Española de Xornalismo de Investigación (API)
Presidente e fundador da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), que está a dar os seus primeiros pasos recollendo a testemuña das desaparecidas asociacións provinciais e federación galega de xornalistas deportivos.

 

Non queremos comezar esta entrevista sen antes felicitarche polo recente premio que o Concello de A Coruña che entregou durante a Cea do Deporte deste ano. 

Polo que temos entendido foi unha sorpresa para ti verdade?
Gracias. En realidad es uno de esos premios que te hacen ilusión. Porque no te lo esperas. Que un Ayuntamiento de la importancia del de A Coruña tenga un cariño contigo en reconocimiento a tu trayectoria y que, por encima, sea una sorpresa, porque habitualmente cuando acudes a un acto de estos ya sabes si te van a dar un premio o no (se ríe), resultó emocionante. Por eso, desde aquí, me gustaría agradecer, en especial, al concejal Gonzalo Castro y a la alcaldesa, Inés Rey, no solo el detalle, sino haberlo hecho de esta forma, por sorpresa. Por otra parte, cuando con sólo cincuenta años ya hay alguien premia tu trayectoria profesional... Mal asunto, parece que ya huele a despedida (risas). Pero en este caso no es así. Aún me queda mucho por aprender y ofrecer.

PREGUNTAS:

1.  Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?
Por suposto. A Asociación Galega de Xestión Deportiva é un referente a nivel autonómico no que a colectivos refírese. Eu creo que calquera que, dunha ou outra maneira, estea vinculada co deporte coñécea.

2.  Como decides facerte socio de AGAXEDE?
É un deses pasos que uno sempre ten pendentes de dar, pero un día por outro non o fai. No meu caso, ao fundar xunto aos meus compañeiros Rubén Ventureira, Juan Luis Rodríguez Cudeiro e José Manuel Fernández Mayo, a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte, tivemos a inestimable axuda do presidente de Agaxede, Eduardo Blanco, e de Cristian Florin, que é a persoa que está no día a día da asociación. Cando un acomete unha iniciativa ambiciosa como a que nós pretendemos levar a cabo son moitos os aspectos burocráticos que se descoñecen e tanto Eduardo [Blanco] como Cristian [Florin] foron nosos grandes titores. E foi como un sinal de que xa non podía estar máis tempo sen asociarme.

3.  A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Levo xa 24 anos en La Voz de Galicia cubrindo, principalmente, a actualidade deportiva, aínda que, como é obvio, nestes anos toquei numerosos paus: saúde, economía, política, xulgados... Pero o meu principal labor é o xornalismo deportivo. Á parte disto, estou a traballar nunha serie de libros, o primeiro dos cales será a biografía autorizada de Bebeto, que esperemos que sala á venda para o próximo Nadal. E, por último, levo algún tempo madurando o que vai ser a miña tese doutoral, e en outubro comezarei a darlle forma. Vamos, que as 24 horas do día chéganme a pouco.

4.  No teu desempeño profesional, que tarefas consideras primordiais?
Difícil pregunta, case é máis fácil dicir cales non considero primordiais, porque creo que teño unha profesión, para min a máis bonita do mundo, que require de moitas cousas e, se che gusta, calquera tarefa é fundamental: manter contactos, investigar, reciclarte cada día... Estamos nunha época de cambios continuos: da era do papel á dixital; e, se un descóidase, queda atrás e hai que estarse formando continuamente. Pero, volvendo á pregunta, quedo con dúas tarefas: a socialización e a investigación. Considero fundamental ter unha importante axenda de contactos e manter relación cos integrantes da mesma. No meu caso, hei de dicir que son un privilexiado porque, como comentaba antes, levo 24 anos en La Voz de Galicia, que para min máis que unha empresa é unha familia e podo presumir de ter como editor a Santiago Rey Fernández-Latorre do que aprendín que o prioritario do xornalismo é iso, precisamente, facer xornalismo con maiúsculas, liberdade e independencia.

5.  Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
A resposta é obvia, se non, non me asociaría (ri). Agaxede é máis que unha asociación de xestión deportiva. É unha gran rede social na que confluímos persoas vinculadas a diferentes ámbitos deportivos. Ademais, para ser máis simples, é unha muleta para calquera persoa, club, federación que necesite axuda en numerosas tarefas do día a día da xestión deportiva.

6.  Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Como dicía antes, ademais, de acudir a algunhas xornadas, sobre todo, de xestión e dereito deportivo, foi fundamental á hora de poñer en marcha a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte.

7.  Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Pois lle pediría algo que, cónstame, xa fixeron un primeiro intento, pero non sei por que non chegou a callar. Supoño que polo complicado que pode resultar pero que vexo que sería poñerlle a guinda á asociación. Crear unha rede social privada entre os asociados. Unha especie de Linkedin na que os asociados puidésemos ter contacto directo uns con outros. Ás veces, eu véxoo pola miña profesión, necesitas consultar algo cun experto, digamos, en dereito deportivo, e aí atoparíalo, poñeríaste en contacto con el e entre todos poderiamos axudarnos. Aí queda o reto (risas).

8.  Cóntanos que é AGAXORDE, en que consiste este proxecto asociativo?
AGAXORDE é, sobre todo, a ilusión que che produce o bebé recen nacido. É o froito da unión dun grupo de compañeiros e compañeiras vinculados actualmente, ou no seu momento, ao xornalismo deportivo e que queremos, por encima de todo, poñer en valor unha disciplina do xornalismo tantas veces deostada. Por desgraza, e hai que asumir que unha parte importante de culpa témola nós, o xornalismo deportivo é vítima dunha mala imaxe. De xornalistas de camiseta, de inventores de noticias, de gritones en faladoiros... Pero a gran maioría somos profesionais que estamos afeitos a traballar contrareloxo, a ter a crónica dun partido en dez minutos aínda que este finalice á unha da mañá; a dominar numerosas disciplinas deportivas, aínda que unhas non teñan que ver coas outras; a saber de números porque hai que analizar as contas dos clubs e as federacións; a mergullar nos xulgados porque cada vez hai máis casos xudicializados. Queremos, en primeiro lugar, poñer en valor todo iso. Pero tamén queremos ser un apoio para os compañeiros que un bo día teñen a idea de escribir un libro e non saben como empezar. Queremos ser unha pequena editorial sen ánimo de lucro que axude ao xornalista para levar a cabo o seu proxecto: desde a impresión, á distribución, pasando pola corrección ou a maquetación e sen que iso supoña unha perda importante de ingresos para os compañeiros e compañeiras que si supón poñerse en mans dunha editorial ao uso. Queremos impulsar unha colección de libros para dar oportunidades a todos os asociados. Pero non só iso. A nosa idea é ofertar unha formación continua e abrirnos á sociedade á hora de realizar seminarios, xornadas temáticas ou actividades deportivas. Queremos ser unha asociación aberta non só aos xornalistas, senón á cidadanía. Neste sentido, xa podo adiantar que estamos a piques de asinar un convenio de colaboración con Agaxede para traballar conxuntamente en diferentes proxectos. 

9.  Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Sen dúbida, porque, como non recomendar unha asociación á que pertencen moitos dos grandes profesionais que traballan vinculados ao mundo do deporte.

 

Compartir este post: