ANDRÉS EIRÍS BARCA
CURRÍCULUM VITAE
- Licenciado en CAFYD
- Postgrado en Xestión Deportiva Municipal
- Curso Especialista en Dirección Centros Deportivos
- Técnico Deportivo en varios concellos da provincia da Coruña (Tordoia, Muxía, Vedra, Noia e Sada)
- Socio e Director Executivo de Viraxes SL
ENTREVISTA
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?
Sí, cando se fundou estaba no 4º curso de Inef en Bastiagueiro, era o 1998
2. Como decides facerte socio de AGAXEDE?
Pois para estar informado e coñecer xente relacionada coa xestión deportiva con moita máis experiencia ca min
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son socio e o director executivo dunha empresa que se adica a servizos deportivos, Viraxes SL
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Estar o máis preparado posible para tomar as decisións mellores para a empresa e unha boa interacción co traballador que é espello do funcionamento da organización
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Sí, para formar principalmente a novos xestores, asistir aos pequenos concellos de Galicia e poñer en contacto a todo o ámbito da xestión deportiva
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Manter un contacto fluido con persoas relacionadas coa xestión deportiva pública e privada
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Relacionarse con outros ámbitos que podan aportar calidade a noso sector
8. Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Sí, con bastantes case a diario
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Sí, a maioría xa pertencen.