ANDRES EIRAS BARCA

CURRÍCULO
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do deporte polo INEF de Galicia anos 1994-98.
Curso postgrado “Xestión Deportiva Municipal” de 170 horas de duración, realizado na Universitat de Barcelona no ano académico 2010-2011.
Curso de especialización en “Dirección de Centros Deportivos” de 250 horas de duración, realizado na Universidade da Coruña no ano académico 2010-2011.
Máster en Recursos Humanos de 600 horas de duración realizado pola empresa SN Servicios Normativos no ano 2011.
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Tan pronto a
coñecín fíxenme socio alá polo 2009.
2. Cómo decides facerte
socio/a de AGAXEDE?
Tíveno moi claro desde un principio, dedicándome a xestión
deportiva era primordial ser socio dunha entidade coma AGAXEDE, pois estaría en contacto con outros xestores e
podería aprender máis…
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na
actualidade?
Son o xerente dunha empresa chamada Viraxes sl, que se adica a servizos deportivos, e
entre outras cousas en réxime administrativo son o técnico deportivo do concello de Sada. Acabo de
cumprir 4 anos no concello, nunca estiven tanto tempo nun sitio.
4. No teu desempeño
profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras
primordiais?
Todas, a finalidade e dar un bo servizo, e iso empeza por tratar ben o terceiro cliente
que é o/a traballador/a, que para min é a figura clave na xestión deportiva.
5.
Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Claro que
sí, pois é un nicho de ideas, de propostas, sirve para ter unha formación contínua, de
relación con persoas cos mesmos intereses.
6. Qué che aportou a Asociación
Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Principalmente información, formación e
un punto de encontro con persoas do mesmo sector ou afíns.
7. Que lle pedirías nun
futuro a Asociación?
Máis visibilidade e que consiga ser un órgano de
asesoramento dos concellos, principalmente os máis pequenos.
8. Mantés contacto co
resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Si, teño contacto polo traballo con
bastantes xestores deportivos e moitos deles socios de Agaxede.
9. Recomendarías aos teus
colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?
Por suposto, a AGAXEDE, o COLEF, e outras entidades
relacionadas coa nosa profesión.