Antón Luaces Calvín
Descrición do currículo vitae
Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, con experiencia en investigación científica e un perfil multidisciplinar orientado á análise, a organización e a xestión de proxectos. Nos últimos anos foi desenvolvendo interese e formación no ámbito da economía, a xestión e o emprendemento, aplicados especialmente ao sector deportivo. Combina a base científica cunha visión estratéxica e unha forte motivación por crear estruturas profesionais sostibles que axuden a desenvolver talento.
Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?
Si, coñecía AGAXEDE como unha asociación de referencia en Galicia no ámbito da xestión deportiva, especialmente polo seu labor de profesionalización do sector e polo papel que desempeña como punto de encontro entre persoas con perfís diversos vinculados ao deporte.
Como decides facerte socio de AGAXEDE?
Decido facerme socio por recomendación de Eduardo Blanco e porque considero fundamental formar parte dunha rede profesional que aposte pola xestión responsable, a formación continua e a creación de proxectos sólidos no ámbito deportivo. AGAXEDE paréceme o espazo axeitado para aprender, compartir coñecemento e contribuír ao desenvolvemento do ecosistema deportivo galego.
A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Emprendedor
No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
O trato integral dos deportistas e das deportistas.
Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Sí, paréceme absolutamente necesaria. O deporte precisa cada vez máis de estruturas profesionais ben formadas, con visión estratéxica e capacidade de xestión. AGAXEDE cumpre un papel clave ao representar, conectar e formar ás persoas que traballan neste ámbito, contribuíndo a dignificar a xestión deportiva e a fortalecer o ecosistema deportivo galego.
Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
AGAXEDE aportoume coñecemento, contacto con profesionais con perfís moi diversos e unha visión máis ampla do sector deportivo en Galicia. Tamén me permitiu acceder a espazos de reflexión e aprendizaxe onde contrastar ideas e mellorar o enfoque dos proxectos nos que estou a traballar.
Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Pediría que me axudase a construir unha rede de contactos e clientes sólida, ademáis de visión de escalado dos menos proxectos.
Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Totalmente.

