BEATRIZ ENGROBA FERNÁNDEZ

BEATRIZ ENGROBA FERNÁNDEZ

CURRICULUM

  • Socia-directora y Project Manager de The Well-Being Lab.
  • Cofundadora de 9,8 Gravity Training Studio.
  • Directora de los Complejos Deportivos de Elviña, Sardiñeira y Agra I AQA Deporte y Salud (Gaia Gestión Deportiva).
  • Responsable del Plan de voluntariado deportivo Galicia Navega. Volvo Ocean Reace. Fundación Deporte Galego. Xunta de Galicia
  • Técnico deportivo del Servicio Deportivo Municipal. Ayuntamiento de Ponteceso.

FORMACIÓN:

  • Business Expert-Gestión y Administración de empresas. The Power MBA
  • Posgrado en Gestión Deportiva

 

ENTREVISTA

  1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socia?

Si, a través de compañeiros do sector e pola comunicación das formacións.

  1. Como decides facerte socia de AGAXEDE?

Considero que compartir vivencias con outros compañeiros do sector sempre enriquece e recibir coñecementos novos dende diversas áreas sempre axuda ó desenvolvemento profesional e persoal.

  1. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son Socia Fundadora e Project Manager en The Well-Being Lab, empresa especializada en axudar ás persoas e ás organizacións a mellorar a súa saúde a través da actividad física e hábitos de estilo de vida saudáble e que consta de dúas liñas de negocios:

            . Ximansios boutique a través da marca The Lab.

            . Well-Being Corporativo. Programas de bienestar laboral.

  1. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Coñecer o marco xurídico que afecta directamente á actividade laboral que estás a desenvolver.

Coñecer os orzamentos económicos para plantexar un plan ou accións acordes ós recursos económicos, materiais e humáns dos que se dispoñen.

Saber utilizar os canles de comunicación para poder achegar ó publico obxectivo a proposta de servizos ou actividades establecidas.

E, por suposto, programar, temporalizar as accións e validar obxectivamente o resultado final co fin de manter sempre unha mellora continua na calidade do servizo.

  1. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

É fundamental que exista como entidade para a unión, a formación e o intercambio da información e experiencias dos profesionais do sector.

  1. Que che aportou a Asociación Galega de Xestíón Deportiva ata este momento?

Un respaldo profesional e un entorno onde poder contrastar información e poder chegar a formacións novidosas dun xeito máis fácil que se a teño que procurar eu mesma.

  1. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que seguira nesta liña, facendo medrar a súa rede de socios e estar ó frente da innovación e tendencias en xestión deportiva.

  1. Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?

Sí, claro. Aproveito calquera momento para poder falar con eles para contrastar o que nos acontece no día a día, pedirlles consellos e, sobre todo, para ter unha boa conversa con amigos.

  1. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Si. Os beneficios de pertencer a unha entidad coma esta son moitas, a parte das formacións, eventos, etc…o que destaco é o acompañamento e a consultoría permanente na que nos podemos apoiar.

Compartir este post: