CLUB BALONMÁN BRIGANTIUM

CLUB BALONMÁN BRIGANTIUM

 

Breve Descripción da entidade.

Clube de balonmán feminino da Coruña que leva desde a tempada 2018/19 en competición oficial e que actualmente conta con 6 equipos dende a categoría alevín ata a senior.

Que beneficios aportades a sociedade a través da vosa entidade?

Fomentar a participación no balonmán de todas as nenas, rapazas e mulleres que querían facer este deporte na nosa cidade.

No ámbito da xestión, que tarefas considerades primordiais?

Todas, dende o aspecto da organización, xestión da información e tratamento dos datos; aspectos organizativos internos e externos con Clubes, entidades públicas e privadas, aspectos económicos; xestión da formación de todos os estamentos do Clube, etc.

Cales son os principais retos que afronta a vosa entidade na súa xestión diaria?

O manexo de toda a información que temos que tratar en canto a desprazamentos, uso das instalacións, cuestións deportivas (asistencia, lesións, etc), control económico, etc.

Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

A cantidade de información diaria que hai que manexar e bastante e máis para un clube amateur como o noso, toda axuda que simplifique a xestión sempre é boa.

Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?

A posibilidade de ter en quen apoiarnos no día a día

Que lle pediríades nun futuro á Asociación?

Que trate de dar o maior aporte posible no seu ámbito de actuación a todos os asociados.

Recomendaríades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?

Sí, porque toda axuda e importante e contar con especialistas en ramos que non están ao noso alcance na maioría das veces é esencial para que a xestión sexa a millor.

Compartir este post: