CLUBER

DESCRICIÓN
Empresa de dixitalización de clubes deportivos.
ENTREVISTA
- Coñeciades a Asociación Galega de Xestión Deportiva antes de asociarvos?
Si, por suposto.
- Por que decidides asociarvos a AGAXEDE?
AGAXEDE é unha asociación que aglutina ás persoas que dirixen e xestionan as entidades deportivas en Galicia, polo tanto se o noso obxectivo é dixitalizar clubs deportivos temos que estar aí.
- A que vos dedicades?
Proveemos ós clubs (de calquera disciplina deportiva) dunha plataforma para a súa xestión diaria, inscricións de deportistas e socios, cobro de cotas, organización de campus y eventos, venta de roupa, etc.
- Que beneficios aportades a sociedade a través da vosa entidade?
Principalmente facilitamos a xestión dos clubs, modernizando os seus procesos e facilitando o día a día ós directivos, adestradores, deportistas, socios, etc.
Ademais en este momento estamos cunha campaña, na que patrocinamos ós clubs que se animen a traballar con nós.
- No ámbito da xestión deportiva, que tarefas considerades primordiais?
Entre moitas outras destacariamos o fomento do deporte entre a poboación sobre todo destinado ós máis xóvenes, a capacitación e cualificación dos adestradores/técnicos e a incorporación de novas tecnoloxías.
- Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Sen dúbida. Por ser un punto de encontro, aprendizaxe, desenrolo e intercambio dos dirixentes y xestores del deporte.
- Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Acceso a información, entidades e profesionais que sen pertencer á Asociación nos sería máis difícil chegar.
- Que lle pediriades nun futuro á Asociación?
Que siga traballando na liña que o está facendo, e incrementando o número de asociados, creando si cabe máis liñas de conexión entre os distintos asociados.
- Mantedes contacto con outras entidades do ámbito deportivo da Comunidade Galega?
Con clubs, federacións e asociacións.
- Recomendariades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE?
Evidentemente, xa que de forma individual é moi difícil de acceder ó apoio e visibilidade que se consigue dende unha Asociación.