Concello de Santa Comba
Breve descripción de la entidad
O Concello de Santa Comba está situado na provincia da Coruña na comarca do Xallas; conta cunha poboación de 9.400 habitantes e cunha economía baseada principalmente na agricultura. Formada por 17 parroquias, Santa Comba forma un punto de unión entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte
¿Qué beneficios aportades á sociedade a través da vosa entidade?
O concello de Santa Comba, a través da Oficina Municipal de deportes, aporta múltiples beneficios a nivel social, cultural e sobre todo a nivel deportivo; xa que desempeña un papel importante na promoción de hábitos de vida saudables fomentando tamén unha vida activa.
No ámbito da xestión, qué tarefas considerdes primordiais?
Todas as tarefas orientadas a garantir o correcto funcionamento das instalacións, actividades e entidades deportivas do Concello, como poden ser a planificación deportiva, xestión das instalacións, organización de recursos humanos, xestión económica, promoción da actividade física, inclusión e igualdade e sobre todo a boa coordinación cos clubes a asociacións deportivas.
¿Cales son os principais retos aos que se enfrenta a vosa entidade na súa xestión diaria?
Os principais retos para nós son o mantemento das instalacións deportivas, a mellora da accesibilidade e a inclusión, a adaptación ás novas necesidades da cidadanía e sobre todo a necesidade de contar con máis recursos materiais e humanos.
Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Consideramos que Agaxede fai unha labor importante porque ofrece unha gran axuda ao sector deportivo municipal.
Qué vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Un bo asesoramento en cuestións deportivas, xurídicas e sobre todo na accesibilidade que temos para falar tanto con Eduardo coma con Cristian.
Qué lle pediríades nun futuro á Asociación?
Que sigan traballando con tanto esforzo impulsando cursos formativos e charlas que tanto nos axudan no día a día do noso traballo. Agaxede ten un potencial enorme para seguir impulsándonos a medrar no ambito deportivo do rural galego.
Recomendariades a outras entidades pertencer a AGAXEDE? Por qué?
Por suposto que si, xa que AGAXEDE promove a formación, o intercambio de coñecementos e o desenvolvemento profesional no ámbito da xestión deportiva. Ademáis, permite establecer contactos con outros profesionais do sector.

