MIGUEL ÁNGEL LÓPEZ LORENZO
![MIGUEL ÁNGEL LÓPEZ LORENZO](https://plaam.s3.eu-central-1.amazonaws.com/modulos/merchant/37/posts/217/images/72a44a32-511a-469c-a240-a11c89d2a4ed.png)
CURRICULO
Licenciado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte por la Universidad de A Coruña.
Diplomado Maestro Especialista en Educación Física. Universidad de A Coruña.
Postgrado Especialista en Dirección de Centros Deportivos (I edición). Facultad Ciencias del Deporte de Toledo. Universidad de Castilla-La Mancha.
Experto en Seguridad de Instalaciones Deportivas y Eventos Recreativos, Culturales y Deportivos. Facultad Ciencias del Deporte de Toledo. Universidad de Castilla-La Mancha.
Coordinador das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Narón dende o 2010
Colexiado EFD 53750
ENTREVISTA
1. Coñecías AGAXEDE antes de facerte socio?
Non, coñecín AGAXEDE a través dunha oferta formativa que lanzou polo ano 2012.
2. Como decides facerte socio de AGAXEDE?
Pois como dixen anteriormente, no ano 2012 chégame unha oferta formativa sobre un curso de Seguridade e autoprotección en actividades deportivas e recreativas e tras realizar o mesmo e coñecer un pouco mas a asociación decido facerme socio.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Dende o ano 2010 son Coordinador das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Narón.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Por un lado a planificación e a programación son , dende o meu punto de vista, uns ítems fundamentais na xestión deportiva xa que permítenos sacar o máximo partido a os recursos cos que contamos tanto a nivel de instalacións, persoal, etc
Ademais considero que a formación continua é fundamental no noso sector, pois é un sector en continuo avance e a formación permítenos coñecer as novidades do noso sector, e partir de ahí podemos ofertar servizos de calidade axeitados a demanda da sociedade.
Os cursos de formación permítenos estar en contacto con outros colegas de profesión e deste modo permítenos ter un Feedback continuo ante situacións comúns que a todos/as nos acontecen no noso dia a dia.
Por ultimo traballar na coordinación dos servizos-publico privados no sector deportivo considéreo fundamental para cubrir a oferta deportiva a toda a poboación.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Creo que si, como dixen antes , permítenos estar en contacto con outros compañeiros/as , resolver problemas comúns, estar informados da normativa actual...e os continuos cambios da mesma.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Un respaldo profesional, a participación en diferentes actividades, foros, etc e un lugar de referencia para todos/as os que traballamos neste sector.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que continúe con esta liña de traballo ascendente que esta a levar a cabo nos últimos anos, que siga senda unha asociación activa.
8. Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Si, mais contacto cos xestores deportivos da miña zona de traballo pero en xeral manteño contacto.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Si, todo o sector deportivo debería pertencer a Agaxede, pois son moitos os beneficios que sacarían no ámbito da xestión deportiva.