David Rodríguez Paz
Descrición do currículo vitae
Técnico en Actividades Físicas e Deportivas. Traballa como bombeiro en Navantia-Ferrol, tras ter desempeñado anteriormente diferentes funcións relacionadas co ámbito das emerxencias.
No eido deportivo, foi monitor deportivo e xogador de fútbol en clubs como o Racing de Ferrol, o Narón ou o Deportivo da Coruña, entre outros.
Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?
Non a coñecía. Foi a través dun compañeiro que coñecía a Eduardo. Comenteille a idea de que estabamos formando un club deportivo e recomendoume poñerme en contacto con AGAXEDE.
Como decidiches facerte socio de AGAXEDE?
Despois da reunión con Cristian e Eduardo, e do bo asesoramento e trato recibido, decidín facerme socio.
A que te dedicas profesionalmente na actualidade?
Traballo como bombeiro.
No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Actualmente non desempeño tarefas directamente relacionadas coa xestión deportiva. Estamos creando un club deportivo e considero moi importante o papel que xoga AGAXEDE neste ámbito.
Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Si, creo que realizan un labor moi importante no ámbito da xestión deportiva, da seguridade xurídica, do impulso de actividades e do asesoramento ás persoas que queren dedicarse ou xa se dedican a este sector.
Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Neste momento estamos iniciando a creación dun novo club, co papeleo e os trámites que iso implica. AGAXEDE axudounos a resolver moitas dúbidas e facilitounos o proceso, facendo o camiño moito máis levadío. Estamos moi agradecidos. É unha tranquilidade e unha seguridade poder contar co seu apoio.
Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que continúen nesta liña. Creo que están facendo as cousas moi ben e é moi importante para os clubs poder contar cunha entidade como AGAXEDE que os apoie.
Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Debido aos meus anos como deportista, pasei por distintos equipos e coñecín a moitos directivos de diferentes deportes.
Recomendarías aos teus colegas de profesión pertencer a AGAXEDE?
Sen lugar a dúbidas. Creo que é moi importante contar co respaldo e apoio de AGAXEDE e anímoos a asociarse.

