FRANCISCO JOSE PUGA

CURRÍCULUM
- Diplomado en maxisterio
- Entrenador nacional de balomán
- Cinto negro de judo 1º DAN
- Dende o ano 1995 traballando no Concello de Camariñas primeiro como monitor e máis adiante desenvolvendo labores de Técnico Deportivo
ENTREVISTA
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Si.
2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Decido facerme socio de novo, porque considero imprescindible unha casa común neste intre, onde o tecido deportivo, en xeral, está a pasalo francamente mal e non hai ningunha entidade que o defenda globalmente.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
A labores como técnico deportivo do Concello de Camariñas.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Nesta situación que estamos a vivir, creo que o primordial é, tentar que a poboación e as autoridades consideren ESENCIAL, participar en actividades físico deportivas saudables, guiadas por profesionais.
De xeito xeral considero fundamental, fornecer o terceiro sector, dar a coñecer actividades e levar a cabo programas en común cos diferentes Concellos da comarca e incidir na necesidade de planificar globalmente, espazos e actividades para a poboación local e foránea.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Sempre me pareceu que tiña que existir unha entidade que recollera todas as sensibilidades do tecido da actividade física-saudable e educativa.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
É moi cedo para valorar que me aportou, agardo que aporte unha casa común a todas as persoas e entidades vinculadas ao sector e comunicación entre das as partes.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que se implicara na reclamación ás administracións, de medidas con dotación económica na declaración da actividade físico deportiva como ESENCIAL e que sirva de nexo de unión entre as diferentes sensibilidades do tecido físico-deportivo.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Si
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Si