GABRIEL AMADO REBOREDO
CURRÍCULUM
Asesor Financeiro, especialidade en finanzas persoais e inversións.
Portavoz do colectivo de Skateboarding de cara as institucións.
Experiencia en empresas e ONG como técnico de finanzas.
Experiencia como técnico no sector banca.
Membro do equipo de Skateboarding de Vazva (Ata 2015)
FORMACIÓN
Graduado en Empresariais, ADE e Máster MBA.
Certificacións profesionais EFA (Finanzas) e CCA (Control de Xestión).
Posgrao en Riscos Financeiros.
ENTREVISTA “HOXE FALAMOS CON”
- Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
A verdade e que non, coñecín Agaxede grazas a Gonzalo Falguera.
- Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Tras coñecer o propósito e misión de Agaxede no mundo do deporte fíxenme socio de forma natural. Ademais, ofreceron un apoio activo o noso Colectivo Skateboarding coas xestións e demandas fronte as institucións.
- A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Actualmente estou emprendendo o meu propio negocio dixital de finanzas persoais e inversións que compaxino coa representación do colectivo de skate na Coruña.
- No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Principalmente as relacións coas institucións públicas e medios de comunicación para transmitir e asegurar que se cumpran as demandas do colectivo de Skateboarding. Principalmente deseño, renovación e mantemento das infraestruturas públicas.
- Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Por suposto que si, AGAXEDE engloba a representación de todo deporte en Galicia, dende o meu punto de vista e unha institución clave de cara a representación das demandas de calquera colectivo deportivo.
- Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Axuda nas xestións das demandas, ademais de presión e representación fronte as institucións.
- Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Supoño que continúe crecendo en socios e relacións con institucións publicas que teñan vinculación co deporte. Facerse cada vez máis coñecida e chegar a máis xente, creo que e algo clave.
- Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
A verdade e que non, o principal motivo e que ata fai pouco o Skateboarding no noso país e comunidade non se recoñecía ou se lle daba o peso como ao resto dos deportes.
- Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
A verdade e que si, xa que canta mais xente se asocie máis poder de presión e representación teríamos fronte as institucións.