IVÁN CLAVEL SAN EMETERIO

CURRICULUM
- Doutor en Ciencias do Deporte
- Máster en Dirección de Organizaciones e Instalaciones deportivas
- Master en Dereito Depotivo
- Programa superior en Dirección Financiera
Postos actuais
- Director-Xerente da Fundación Deporte Galego
- Profesor asociado da Universidade da Coruña
ENTREVISTA
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Sí a coñecía xa que fora socio e fundador da asociación de xestores na Rioxa.
2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Ao volver a Galicia non tiven dúbidas en asociarme. É unha das asociacións autonómicas de xestión deportiva con maior actividade.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son o xerente da Fundación Deporte Galego, integrada na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
A correcta aplicación da normativa vixente e a correcta administración dos recursos públicos. A boa planificación e a avaliación constante son clave, para lograr a eficiencia do noso labor.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Por suposto. Agaxede é un punto de encontro, un lugar onde podes atopar xente cos mesmos problemas que os teus e que poden aportar visións e ferramentas útiles.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
A posibilidade de manter contacto cos meus compañeiros de profesión e unha continua formación dos temas de maior relevancia e actualidade.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Que manteña as activades formativas. Que facilite o intercambio de experiencias e o continuo asesoramento ante as peticións dos seus asociados.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Si, o meu traballo diario é falar con xestores deportivos, de clubs, concellos, empresas e autónomos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Sen dúbida. Non atoparán máis que beneficios. Sentiranse arroupados por xente que opina como eles, que lles gusta o mesmo e que teñen os mesmos problemas. Un foro de continua aprendizaxe.