JORGE FORTES NOGUEIRA
FORMACIÓN
- Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Graduado en Educación Primaria.
- Diplomado en Maxisterio: Educación Física.
- Técnico Deportivo Superior en Fútbol.
- Entrenador Nacional de Fútbol (Licencia UEFA Pro). R.F.E.F. EXPERIENCIA LABORAL
- Profesor Especialista en Fútbol en Ciclos de Grado Medio e Superior.
- Adestrador na Celta Integra Academy.
- Mestre en Primaria e Profesor de Educación Física en Secundaria.
- Profesor Asociado na Universidade de Vigo.
- Socorrista Acuático nas Piscinas Municipais de Vigo..
ENTREVISTA
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?
Si, case dende os seus inicios. En 2008 asistín ó I Congreso Galego de Xestión Deportiva en Santiago de Compostela.
2. Como decides facerte socio de AGAXEDE?
Animado por unha compañeira moi implicada co Deporte Inclusivo, que me fixo ver a vinculación da Asociación co voluntariado e a miña labor solidaria con nenos e nenas con necesidades especiais.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Despois de moitos anos traballando nas Piscinas Municipais de Vigo, estou orientando a miña labor profesional á docencia de Educación Física e Ciclos Deportivos. No meu tempo libre axudo altruistamente a nenos e nenas con discapacidade intelectual a integrarse no deporte de xeito inclusivo. E colaboro ca Fundación Celta adestrando un grupo de rapaces na Celta Integra Academy.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Coido que a correcta e responsable xestión dos recursos para garantir a satisfacción das persoas usuarias en cada evento. Como profesional do eido deportivo, sempre procuro organizar actividades rexidas por tres principios fundamentais: a seguridade das persoas, a diversión e a aprendizaxe. E, a día de hoxe, penso que a comunicación xoga un papel moi importante para difundir o acadado e así chegar a outros.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Por suposto. Constitúe un referente formativo para as persoas asociadas e un valioso apoio para o asesoramento dos profesionais na súa labor.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
Por enriba de todo formación. Algo imprescindible hoxe en día para o desenvolvemento profesional e persoal.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Máis que pedir, agradecer e animar a que siga ca súa labor. Formando, axudando a difundir as experiencias doutros compañeiros, poñendo en valor a importancia da actividade física e o deporte na sociedade actual, e ofrecéndonos consello.
8. Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Con algunhas persoas vinculadas á miña labor profesional e a través do COLEF Galicia.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Dende logo. Hoxe en día é moi importante contar co respaldo de entidades como AGAXEDE para garantir unha axeitada actualización, formación e asesoramento.