JOSE MANUEL RIVAS CASA

JOSE MANUEL RIVAS CASA

CURRÍCULO

Licenciado en Educación Física polo INEF de Madrid

Director de instalacións deportivas do Concello da Coruña (desde 1988) e Director da Cidade Deportiva de Riazor

Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala e Director da escola de adestradores da mesma

Director del Centro de Formación profesional “Constantino Castro Ruso” de técnicos deportivos en fútbol sala (desde 2005).

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Sí, a través do seu Presidente Eduardo Blanco, con quen traballei estreitamente durante a súa etapa de Concelleiro de Deportes no Concello da Coruña

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Considero que é necesario que o colectivo de profesionais da xestión deportiva teña un vínculo de unión e un medio de representación e comunicación cara ao conxunto da sociedade

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Son director de instalacións deportivas do Concello da Coruña. Tamén dirixo a escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol Sala e asesoro ao centro de formación profesional de Técnicos Deportivos de Fútbol Sala "Constantino Castro Ruso”.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais? 
Xestión é un termo moi amplo que debe abarcar todo tipo de vicisitudes no día a día dun centro deportivo e dos miles de usuarios que toman parte nas actividades que neles se desenvolven.

Polo tanto é preciso estar continuamente formándose e documentándose, en materias diversas, dende o coñecemento do marco normativo, ata as novas tendencias deportivas e comportamentos sociais.

Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Si, porque ten que ser este tipo de colectivos de carácter profesional quenes canalicen as nosas necesidades, especialmente as formativas, xa que son quen de aglutinar os coñecementos da casuística específica do noso sector.

5. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Ata a data a asistencia a cursos específicos e congresos, moi interesantes para o desempeño das nosas funcións

6. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?
Incidir e medrar nesta última liña de formación

7. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Manteño algún contacto con outros compañeiros, pero menos do que sería desexable

8. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?
Recomendo a todos os colegas de profesión e aos que actualmente cursan estudos relacionados co ámbito da xestión deportiva, a pertenza á asociación como unha das mellores vías para conseguir maior forza e recoñecemento social, ademais de propio enrequecemento persoal.

Compartir este post: