JOSÉ ANTONIO FORMOSO

JOSÉ ANTONIO FORMOSO

 

BREVE CURRICULUM

José Antonio Formos Pita. 65 anos. Xubilado dende o mes de febreiro de este ano. Son Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Fun militar hasta a idade de xubilación. Era Comandante de Infantería de Marina. Empecei no estamento directivo no Club Natación Ferrol, xa que os meus fillos nadaban no Club. Na actualidade son Presidente do Club Tríatlon Ferrol dende a súa creación no ano 2006. Ademais, son directivo no Dg Fighters Team. En ambos Clubs me encargo das relacións coas Administracións e levo todo o relativo as subvencións.Sempre practiquei deporte e comecei xa veterano, 40 anos, no tríatlon. Estiven facendo tríatlon hasta 2018, unha prótese de cadeira obrigoume a deixar a tríatlon.

ENTREVISTA

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio?

A verdade é que non a coñecía. Manolo Planas presentoume a Eduardo Blanco, Presidente da Asociación.

2. Como decides facerte socio de AGAXEDE?

Tras coñecer a Eduardo, que me pareceu unha persoa moi interesante, decidín facerme socio.

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Este ano retireime, así que agora mesmo, estou, digamos, a gozar dunha nova situación "non laboral". Fun Comandante de Infantería de Mariña. Ingresei na Escola Naval Militar de Marín unha vez finalicei a miña carreira universitaria.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Bueno, eu non son un profesional da xestión deportiva. Son Presidente do Club Tríatlon Ferrol e forma parte da Directiva do Club de boxeo e kickboxing DG Fighters Team, pero non cobro nin un céntimo e, por tanto, non teño unha relación profesional. Eu persoalmente, considero moi importante, a todos os niveis, a relación coas distintas administracións; e nisto, creo, xoga un papel destacado a Asociación.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

É moi importante contar co asesoramento de persoas profesionais do deporte e do campo do dereito para que nos asesoren e orienten aos Directivos dos clubs no noso quefacer como clubs deportivos sen ánimo de lucro.

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Me aporta unha seguridade a nivel xurídico e de xestión. Sei que calquera dúbida ou problema que poida ter como xestor deportivo serei orientado e velarán, na medida do posible, polos intereses do Club.

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Seguir na liña de orientación dos clubs deportivos e defensa dos mesmos. Tamén sería importante darse a coñecer, aínda hai clubs en Galicia que non saben da existencia de esta Asociación.

8. Mantés contacto co resto de profesionais da xestión deportiva da Comunidade Galega?

Son bastante extrovertido e levo moitos anos como Presidente do Tríatlon Ferrol e Colaborando co DG Fghters Team, iso fai que coñeza a moitos presidentes e directivos de clubs, non só de Galicia senón de España.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Totalmente. Considero que é importantísimo estar asociados. É a mellor forma de defender e ter información para xestionar os clubs deportivos.

 

 

 

Compartir este post: