MARINA CASTRO GARCÍA

MARINA CASTRO GARCÍA

 FORMACIÓN

- Doutoranda no programa de Ciencias do Deporte.

- Mestrado en profesorado, especialidade en Educación Física.

- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. 

EXPERIENCIA LABORAL

 Actualmente, son investigadora predoutoral e docente na Universidade da Coruña. Durante o meu paso polo grao, traballei como adestradora das categorías base nun clube de piragüismo, xestionando tamén as redes sociais. Posteriormente, traballei nun centro multidisciplinar de adestramento e rehabilitación.

ENTREVISTA 

  1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, coñecín AGAXEDE durante o grao, grazas á asignatura do profesor Eduardo Blanco, presidente da asociación.

  1. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Decidín facerme socia recientemente, tras reflexionar sobre todas as aportacións que unha asociación AGAXEDE pode achegarme, comprendendo a importancia de formar parte do tecido asociativo no noso sector, e grazas ao ímpetu da súa secretaria xeral, Carla da Silva. 

  1. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son docente e investigadora predoutoral na Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física, na Universidade da Coruña. Asemade, son profesora da asignatura "Actividade Física para o benestar" do programa Sénior da mesma universidade.

  1. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Considero que na xestión, e en todos os ámbitos en xeral, é fundamental poñer ás persoas e aos dereitos humanos no centro, como orixe o como fin. Como consecuencia desta orientación, creo que o resto de tarefas, como coñecer o marco xurídico, xestionar correctamente as canles de comunicación, programar e organizar axeitadamente as tarefas, etc.  todas elas imprescindibles, terían unha orientación máis equitativa e xusta, para todas as persoas.

  1. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Sen dúbida. Creo que contar con redes de apoios, que faciliten formación, intercambio de ideas, puntos de encontro, etc. son necesarias para avanzar cara un deporte máis inclusivo e ético.

  1. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Como comentei anteriormente, a miña incorporación como socia é moi recente. Porén, xa puiden desfrutar de encontros de formación e socialización con outras persoas do ámbito, aspecto que é moi motivador e interesante, tanto persoal como profesionalmente.

  1. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que continúe apostando pola formación de calidade, e siga sendo un punto de referencia e apoio para todas as persoas que constitúen o ámbito da xestión deportiva.

  1. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Pola miña traxectoria profesional, estou bastante afastada do ámbito da xestión deportiva. Porén, estou segura que esta situación comezará a cambiar agora que xa son socia.

  1. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Si, por suposto. Creo que todo o que ten que ver co formar parte de colectivos que loitan e melloran o noso ámbito, é positivo para todas e todos nós.

 

Compartir este post: