Club AUGA Dragon Boat BCS A Coruña
Breve descrición da entidade
O Club AUGA Dragon Boat BCS* A Coruña (en adiante Club AUGA) comezou a sua andadura fai un ano e medio.
Un grupo de 7 mulleres superviventes de cáncer de mama descubrimos neste deporte unha maneira activa de superar os efectos secundarios, físicos e psicolóxicos derivados dos tratamentos oncolóxicos.
Este Club é a nosa filosofía de vida. Facemos deporte, creamos vínculos afectivos, apoiámonos unhas a outras, axudamos á integración e compartimos experiencias.
Este Club cambiou as nosas vidas.
Co tempo decidimos aperturar este marabilloso deporte para todas as persoas. O Club está aberto a calquera persoa que queira coñecer este deporte.
Non só somos un Equipo, somos Apoio, Forza, compañeiros.
Temos un proxecto a longo prazo no que propuxemonos poñer en marcha os seguintes puntos:
- Promoción da Inclusión e a diversidade no deporte: Fomentamos un entorno inclusivo onde as persoas de tódalas idades se sintan integradas e valoradas.
- Desenvolvemento de habilidades deportivas e de superación persoal: O equipo desenvolve habilitades tanto físicas como emocionais mediante o deporte. Mellora a condición física, o traballo en equipo, a disciplina e fomenta a superación persoal e a confianza en si mesmo.
- Fomento da Saúde e do Benestar: Grazas á práctica do Dragon Boat levamos un estilo de vida saudable.
- Integración Comunitaria e Colaboración: Çreamos fortes vínculos tanto no equipo como con outros colectivos e organizacións locais co obxectivo de promover a inclusión social.
- Competición e logros deportivos: Por suposto, o aspecto competitivo do deporte xoga un papel importante. O equipo adestra a un alto nivel de rendimento para competir en regatas e festivais.
- Incluir a Axenda 2030 – Obxectivos de desenrolo sostible:
3 Saúde e Benestar: O Dragon Boat é unha modalidade deportiva de piragüismo e pódela practicar calquera persoa de calquera idade. Con noso Club queremos facer visible este deporte que axuda ó benestar físico e psíquico.
5 Igualdade de Xenero: É un club creado por MULLERES. Defendemos a igualdade de xénero. Cremos nas PERSOAS.
10 Reducción das desigualdades: Un dos nosos obxectivos é a inclusión social, forxando vínculos e rompendo as barreras de idade, xénero, clase, orixen e orientación sexual. No Club AUGA calquera persoa con discapacidade ou algunha enfermidade atopa un lugar onde é aceptado.
15 Vida de ecosistemas terrestres: Noso deporte require dun ben natural moi preciado, o auga. O desenrrolamos en entornos naturais respetando a flora e a fauna, dando a coñecer paraxes que deben ser conservado para estas e a seguintes xeracións
Tamén organizamos outras actividades para fomentar as relacions sociais creando vínculos afectivos que nos fan máis fortes como EQUIPO. Colaboramos con otros clubes e facemos outros deportes complementarios.
Ata o de agora participamos en diferentes campeonatos e festivais.
A forza, a ilusión, a superación e o entrenamento, fixeron que gañásemos algunhas medaias, ainda que o máis relevante destas participacions é a unión do equipo en tódolos aspectos.
· MEDALLA DE ORO – Categoría MIXTO (III Copa Galicia Ence-Villa de Marín – Pontevedra 2 de diciembre 2023)
· MEDALLA DE PLATA – Categoría BCS (1ª COPA DE ESPAÑA Barco Dragon 500 m Verducido- Pontevedra, 13 y 14 de mayo 2023)
· MEDALLA DE PLATA – Categoría OPEN SENIOR (III Copa Galicia Ence-Villa de Marín – Pontevedra 2 de diciembre 2023)
· MEDALLA DE PLATA – Categoría BCS (III Copa Galicia Ence-Villa de Marín – Pontevedra 2 de diciembre 2023)
· MEDALLA DE BRONCE – Categoría OPEN SENIOR DB22-500m (CAMPEONATO DE ESPAÑA Barco Dragon 200 m DB22 y 500 m DB12-DB22 Verducido-Pontevedra 12 y 13 de Agosto 2023)
· MEDALLA DE BRONCE – Categoría BCS (CAMPEONATO DE ESPAÑA Barco Dragon 200 m DB22 y 500 m DB12-DB22 Verducido-Pontevedra 12 y 13 de Agosto 2023)
· 4º PUESTO – Categoría SENIOR (2ª COPA DE ESPAÑA Dragon Boat 200 m Playa de las Moreras-Valladolid 17 y 18 de junio 2023)
* BCS (Brest Cancer Survivor-Supervivientes de cáncer de mama).
Coñecíades a Asociación Galega de Xestión Deportiva antes de asociarvos?
Non, pero alguén nos cometou dista Asociación e que podería axudarnos xa que somos moi novas en todo.
Por que decidistes asociarvos a AGAXEDE?
Porque vosotros sabedes de xestión deportiva e nos acabamos de empezar e temos moito que aprender de vos.
Que beneficios aportades a sociedade a través da vosa entidade?
O compañerismo e o apoio é una das nosas marcas. Este deporte reforza a creación de vínculos persoais entre-os membros do equipo. A día de hoxe somo un grupo de apoio onde a superación, a comprensión e o acompañamento é prioritario para os que formamos parte do club.. Noso club as persoas dámonos e atopamos apoio.
No ámbito da xestión, que tarefas considerades primordiais?
Para nos todas as tarefas de xestión son primordiais. No club contamos con moitas persoas que están preparadas en moitos campos e cada una delas aporta o seu granito de area. De xestión de clubes deportivos estamos aprendendo rápido grazas a vos.
Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que
Si, porque a vosa asociación ofrece un amplio servizo de actividades, colaboraciones, formación e ampliación de coñecementos.
Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Pois axudachenos moito coa redacción legal tanto dos estatutos como dos diferentes reglamentos, resolvichedes calquera dúbida que tivemos.
Que lle pediríades nun futuro á Asociación?
No podemos pedir moito máis do que xa fixéchedes por nos.
Recomendaríades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?
Si polo comentado anteriormente. Vos axudades a solucionar as dúbidas que xurden na xestión deportiva.