PANGEA COSTA DA MORTE
PANGEA COSTA DA MORTE é un proxecto que pretende levar a ximnasia rítmica, a ximnasia estética e a danza ós concellos da Costa da Morte.
Que beneficios aportades á sociedade a través da vosa entidade?
Son actividades que enriquecen a oferta que xa tiñan estes concellos. A ximnasia rítmica é casi unha novidade en todos eles e a estética, pola súa recente creación, é novidade en todos. A ximnasia, é un deporte que se centra sobre todo nas nenas que sempre teñen un abanico menos amplo de actividades para escoller e deixan de facer deporte moito antes que os nenos. Buscamos que fagan máis deporte e durante máis anos porque iso repercute positivamente en todo.
Cales son os principais retos que afronta a vosa entidade na súa xestión diaria?
Encontrar adestradores que perdan o medo a vivir da ximnasia, que veñan vivir para esta zona historicamente illada pero marabillosa de Galicia e que desenvolvan a súa carreira aquí. A maior parte deles téñeno como algo complementario a outra actividade laboral de segundo nos afastamos das cidades é máis difícil chegar.
Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Aportan información e experiencia o que aforra moito tempo e desgustos.
Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Moitas ideas que pouco a pouco tentaremos levar a cabo, sobre todo a nivel organizativo.
Que lle pediriades nun futuro á Asociación?
Que quizá fose máis visible e puidera ter unha bolsa de emprego propia xa que por moito que as Federacións publiquen as ofertas de emprego, na maior parte dos casos non chegan a posibles adestradores interesados porque hai filtros en cada club, ninguén quere quedar sen adestradores.
Recomendariades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?
Claro, é ter sempre un apoio para todo

