SAMURAI XTEME RACE
Breve descrición da entidade
Somos unha entidade sen ánimo de lucro, fundada no ano 2015, que nace co obxectivo fundamental de fomentar e promover o deporte como estilo de vida e transmitir deste xeito, os valores que a práctica deportiva achegan a nivel persoal e o poder deles sobre a sociedade. Creemos e apostamos polos valores do deporte, como modo de vida, a través do cal conseguir un equilibrio físico, psicolóxico, social e emocional contribuíndo así, a alcanzar un benestar xeral e un estado de felicidade. Organizamos carreiras de obstaculos baixo a marca SAMURAI XTREME RACE, unha marca que nos primeiros cinco anos xa se convirteu nun referente a nivel nacional desde tipo de eventos, e que hoxe en dia sigue unha evolución moi positiva.
Coñecíades a Asociación Galega de Xestión Deportiva antes de asociarvos?
Si, tiñamos boas referencias dela.
Por que decidistes asociarvos a AGAXEDE?
Porque compartimos os mesmos valores que AGAXEDE, aprendizaxe continuo, a nosa entidade está en constante evolución e avalación, e buscamos a sostenibilidad, o traballo en equipo e a iguladade de xenero no deporte.
Que beneficios aportades a sociedade a través da vosa entidade?
Como dicia anteriormente, o obxectivo da nosa entidade e fomentar e promover o deporte como estilo de vida e transmitir deste xeito, os valores que a práctica deportiva achegan a nivel persoal e o poder deles sobre a sociedade. Creemos e apostamos polos valores do deporte, como modo de vida, a través do cal conseguir un equilibrio físico, psicolóxico, social e emocional contribuíndo así, a alcanzar un benestar xeral e un estado de felicidade. Tanto en persoas adultas como en neas e nenos, o obxectivo de facer unha carreira de obstáculos para nen@s, e promover a aventura e inculcar un estilo de vida saudable.
No ámbito da xestión, que tarefas considerades primordiais?
O uso de novas tecnoloxias e a coordinación entre todos os departamentos dun clube.
Considerades necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Por suposto, porque e necesaria unha unión entre todos os que nos dedicamos o mesmo traballo, para ter mais forza ante as administracións e para aprender uns dos outros.
Que vos aportou AGAXEDE ata este momento?
Ainda acabamos de aterrizar, pero principalmente información.
Que lle pediríades nun futuro á Asociación?
Que siga na mesma liña que leva para que siga sendo un referente neste tipo de asociacións.
Recomendaríades a outras entidades a pertenza a AGAXEDE? Por que?
Claro que sí, porque coa unión se consiguen moitas mais cousas que de forma individual.