TAMARA RIAL REBULLIDO

TAMARA RIAL REBULLIDO

CURRÍCULO

Doctora por la Universidad de Vigo con mención internacional.

Licenciada en CC. de la Actividad Física y del Deporte, Colegiada nº 13.576.

Diplomada en Magisterio especialidad Educación Física.

Co-fundadora International Hypopressive & Physical Therapy Institute.

Ponente internacional y autora sobre Técnicas Hipopresivas y actividad física para la mujer.

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Coñecín AGAXEDE a través do ColefGalicia.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Decidinme a facerme socia uns meses despois de fundar o International Hypopressive and Physical Therapy Institute e ver a importancia de asociarme cunha entidade como Agaxede adicada a velar polos intereses dos xestores deportivos.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Na actualidade, adicome a dar conferncias formación a profesionais do exercicio físico e a Saúde sobre Low Pressure Fitness e combinar isto coa labor de I+D+I do Instituto.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
Considero primordial o don de xentes, o networking, sacrificio e moito traballo. A xestión non é tarefa doada precisa de preparación, moito traballo e desempeño.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Unha institución como Agaxede é moi necesaria como punto de asociacionismo e punto de defensa dos dereitos dos xestores deportivos galegos.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
Moitas cousas, como a participación na carreira alternativa da cidade de Coruña, o premio o ano pasado á innovación do Instituto, o congreso de xestores deportivos e moitos máis actos que sempre desenvolve Agaxede e permiten un punto de encontro entre xestores deportivos e profesionais. Ademáis, sempre que tivemos dudas as resolve con inmediatez.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?
Máis colaboración con diferentes entidades do eido da actividade física e do deporte, na unión dos intereses de diferentes colectivos radica a defensa da profesión e da actividad física e do deporte.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
Si, manteño contacto con diferentes xestores de instalacions deportivas galegas. É imprescindible o networking hoxe en día. Moitas instalacions deportivas contan co programa formativo de Low Pressure Fitness e teñen profesionais certificados no programa. Tamén se mantén contacto para saber a evolución e dúbidas na integración da actividade nos centros.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?
Si, recomendaría aos meus colegas de profesión se son xestores deportivos asociarse pois AGAXEDE e a asociación profesional de referencia do seu ámbito profesional.

Compartir este post: