XAVIER CALVO

XAVIER CALVO

CURRICULUM VITAE

- Licenciado en Educación Física.

- Coordinador en Barbatana, empresa de servizos deportivos e culturais.

- Profesor de Educación Física.

 

ENTREVISTA

1.   Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a? 

Si. Dende hai tempo. Sabía da súa existencia, coñecía a súa sede e ó seu presidente.

 2.   Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

A verdade é que era unha antiga conta pendiente que viña deixando pasar. Era unha obriga. Coñezo a moitos colegas do ámbito da xestión deportiva e este é un lugar de encontro que ofrece moitas posibilidades de coñocer moitos máis.

3.   A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Traballo nunha empresa que se dedica á xestión deportiva e cultural. 

4.   No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

 En primeiro lugar, ter presente que as actividades que desenvolvemos están realizadas por persoas e están dirixidas a persoas. Cando falamos de usuarios ou clientes, queremos ser conscientes de que o resultado do que facemos pode incidir na saúde, a educación e a felicidade dos cidadáns.

- Para min é importante tratar de coñecer o máis amplamente posible a maior cantidade de aspectos relacionados co ámbito no que se desenvolven os proxectos. intentar valorar a maior cantidade de circunstancias que poden influír na súa execución.

- A utilización de ferramentas diversas, dende tecnoloxías emerxentes que están a ofrecer un gran abano de posibilidades, ata as máis clásicas.

- Manter contacto con todos os actores, colaboradores e usuarios das actividades que se emprenden.

- Valorar a execución e os resultados das actividades que se van realizando, e tratar de facelo tamén dende o punto de vista do usuario, ou do cliente.

5.   Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que? 

Si. Unha asociación de persoas con un ámbito común ou semellante de actuación, permite favorecer contactos persoais, establecer sinerxias, compartir coñecementos e intercambiar axuda.

6.   Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento? 

Persoalmente, no momento no que o necesitei, puiden recibir  asesoramento das persoas que traballan na asociación e mesmo do seu presidente. 

7.   Que lle pedirías nun futuro á Asociación? 

Realmente non teño ningunha inquedanza especial ó respecto, xa que creo que o seu funcionamento é moi bo. Quizáis manter e asentar a súa estructura e que poida continuar sen traumas nun futuro no que se poideran producir cambios na súa dirección.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Manteño cos que están máis próximos, por cercanía física ó meu ámbito laboral ou por sintonía ou amizade persoal. A asociación e as actividades que organiza permiten ampliar este círculo.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Por suposto. 

Compartir este post: